Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 24 de Septembro de 2017
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Dez anos de cine


Edificio do cine en Maniños (Fene)

A sala de cine Cardoeiro de Maniños (Fene A Coruña) inaugúrase en 1956. En 1950 a parróquia contaba con 1779 habitantes, sendo con Barallobre (1800) os dous núcleos máis poboados do Concello. Era un período de expansión natural da poboación, incrementada polo despegue de Astano. O cinematógrafo logrará un especial éxito entre as actividades de lecer.

Sociedade19/05/2017Autor: H.S.R./M.X.A.

Na parroquia de Maniños un salón de baile, o Cardoeiro, será quen de acoller as primeiras proxeccións de  cinema, baixo a iniciativa do seu propietario, Bernardo Pérez Villar, primeiro e trala sua morte, da sua filla Manuela Pérez Fornos. Foi no ano 1936 cando chegaron as primeiras peliculas ao salón Cardoeiro, pero a aventura dura pouco porque estala a guerra civil e teñen que suspenderse ata que se retoman ao final da contenda, no ano 1941.

A sala de cine non se inaugura ata 1956, un novo edificio anexo á taberna e ao salón do baile, con frente á estrada do Seixo e con capacidade para 325 espectadores. Como era costume, poñía funcións os sabados, domingos, luns e xoves. O edificio do Cine Cardoeiro sigue en pé pero despois de moitos anos de abandono, restaurouse para outros fíns con certas modificacións na fachada. O salón de baile conserva intacta a fachada. No ano 1964 a familia Pérez decide pechar o salón de baile, o cine sobrevive dous anos máis, pechando en 1966.
 
A próspera vida cultural que en Maniños favoreceu a Sociedade Cultural O Pote dende os anos 20, propiciou a iniciativa por parte desta entidade de facerse co Cardoeiro antes de construir un novo edificio, cousa que finalmente non prosperou. Os propietarios non quixeron vender e esa decisión deu ao traste cunha iniciativa que puido ser exemplo do que compría facer con este tipo de locais.
 Os propietarios do Cardoeiro, os irmans, Ucho, Modesto e José Antonio, cuxo complexo incluía unha tenda de ultramarinos, un bar, o cine e o baile, alugaron e explotaron ademáis por un período de 6 anos o cine Adriano de Barallobre.


Comentarios:
Publicidade

Axenda

Enquisa

Os galegos e galegas debemos ter dereito a decidir?
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros