A información deportiva conta con gran presencia na programación de Radio Fene. Nos programas informativos das 13,30 e das 14,30 incluimos diariamente un seguemento dos equipos e dos deportistas individuais da comarca. Fútbol, baloncesto, fútbol-sala, iudo, pero tamén chave ou billarda teñen o seu reflexo nestes espazos.