Envía a túa opinión
O músico Roger de Flor entregounos esta mañá a primeira copia do seu ultimo disco “Hai un lugar no norte”. As novidades veñen dadas porque este é un disco máis coherente, festeiro, lúdico e máis de directo; integramente en galego e con cancións feitas por todos, afirmou o cantautor fenés.
Envía a túa opinión
A Romaría do Camiñante en Barallobre váise superando cada ano que pasa. A próxima edición celébrase o sabado 6 de xullo e nesta ocasión será un dia de festa completo. Empeza ás 11 da mañá coa apertura dunha Feira de artesanía, articulos de alimentación e artículos de segunda man. 60 postos xa reservados, ocuparán a pista polideportiva de Barallobre durante toda a xornada. Nas inmediacións do campo da festa instalaránse as merendas e a Liga de Amigos proporciona dende as 13,30 un menú do camiñante a base de empanada e xamón escaldado.
Envía a túa opinión
O Real Coro Toxos e Froles colle vacacións e ben merecidas despois dun semestre cheo de suxerencias musicais. Agora vai rematar o primeiro semestre de programación musical coa actuación do grupo Taghaitaí!!! o sábado 29 de Xuño. O grupo está formado polos afamados músicos galegos Manolo Maseda (acordeón e voz), Edelmiro Fernández (gaita e percusión), Lola de Ribeira (percusión e voz) e Iván Costa (zanfona e gaita). Grupo que bebe da tradición galega e que pon toda a súa enerxía nas actuacións, para lograr que o público forma parte activa do espectáculo, cantando e bailando ao son das súas melodías.
Envía a túa opinión
Volvemos a Fene para falar da Semana Cultural de AETNA en Maniños. Unha charla sobre a Ría, unha Andaina pola boca da ría e unha churrascada no muíño, son o culme da incansable actividade que levou a cabo a asociación durante todo o ano. No local da Asociación etnográfica falará o membro da SGHN, Xoan Rodriguez Silvar, sobre a “Situación da Ría”, o martes da semana que ven, o día 25 . A presidenta de Aetna, Mariela Aguilar, convidounos.
Envía a túa opinión
As Anpas dos centros escolares de Fene encargaranse dende mañá dia 19 de recoller os libros de texto usados polo alumnado no ultimo curso escolar tanto en primaria como secundaria e bachelerato. Falamos das Anpas de Os Casais, O Ramo, Centieiras, Jorge Juan, Unitaria de Sillobre, IES Fene e A Xunqueira. O Banco de libros ábrese para aliviar a economía das familias e aforrar todo o que se poda en gastos escolares, segundo palabras da concelleira responsable da área Social, Juana Barro.