Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 24 de Abril de 2018

Emisoras > Radio Cerceda

Información da emisora Novas da emisora

Silleda: Lolo Arincón nos estudios de Xonix Records

Para superar a marimorena

Sociedade 29/11/2017
  Envía a túa opinión

“Queríamos superar a marimorena e os peixes no río e renovar o cancioneiro de Nadal” afirma Lolo Arincon de Xonix records. Pedíronlle a 13 bandas galegas de rock, punk, ska, pop e folc a composición de panxoliñas orixinais. E puxéronse a gravar nos seus estudios de Silleda.


Lixo na planta de Sogama

Traballadora morre na planta de Sogama

Sociedade 27/02/2017
  Envía a túa opinión

Unha traballadora da planta de Sogama en Cerceda faleceu hoxe tras quedar atrapada na máquina na que realizaba un traballo, informou o servizo de urxencias 112. O suceso ocorreu sobre as 12:40 de hoxe. Persoal sanitario foi o encargado de alertar ao 112 do suceso.


María Solar

Os pés perfectos de María Solar

Sociedade 13/10/2016
  Envía a túa opinión

O libro “Teño uns pés perfectos: un libro para ler cos pés descalzos”, da autora compostelá María Solar e publicado na colección Sete Leguas de Kalandraka, vén de ser incluído na selección The White Ravens 2016 pola Internationale Jugendbibliothek de Munich, que seleccionou 200 obras de 60 países para formar parte desta prestixiosa escolma dos mellores libros infantís e xuvenís.


Sogama

Seguen os problemas no transporte a Sogama

Sociedade 30/05/2016
  Envía a túa opinión

O un de marzo deste ano comezaba a realizar o servizo de transporte dos residuos sólidos urbanos de Sogama Pacholo S.L. O día 2, e diante dos problemas coas quendas de traballo, a falta de roupa de auga, de botas, de luvas e mesmo de luz para realizar as descargas ou as repostaxes dos camións, advertiuse á empresa da necesidade de solucionalos. Transcorridos 3 meses a situación non mudou e así o denunciaron, en rolda de prensa, a CIG e máis os traballadores.


Unha das salas habilitadas pola Xunta de Galicia

A Xunta malgastou fondos europeos, segundo denuncia a CIG

Sociedade 22/03/2016
  Envía a túa opinión

A CIG-Saúde vén de denunciar que a Consellaría de Sanidade destinou 169.400 euros procedentes, nun 80%, de Fondos FEDER á creación de sete espazos para innovación sanitaria que entre o persoal son coñecidos como “salas de festas de aniversario” pola seu deseño e “nula” utilidade. Diante disto, a central denuncia o mal uso destes fondos e reclama que sexan as e os profesionais e non os cargos de libre designación quen decidan a que proxectos deberían destinarse estes cartos.

1 -2 -3 -4 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros