Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 24 de Septembro de 2017

Emisoras > Radio Sada

Información da emisora Novas da emisora

Entrada principal do Pazo de Meirás

O pazo de Meirás por dentro

Sociedade 05/08/2017
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

A curiosidade e a espectación podía lerse nos ollos dos primeiros visitantes do Pazo de Meirás o venres 25 de marzo de 2011. Unhas 60 persoas civís e un nutrido grupo de xornalistas puxeron os seus pés na residencia de verán da familia Franco ata daquela infranqueable. “As Torres de Meirás” . Así era como gostaba chamarlle Dona Emilia Pardo Bazán, anterior propietaria do pazo. E non ía descamiñada porque non estamos diante dun pazo galego ao uso. Son efectivamente torres separadas polo corpo principal nunha cara e pola capela na outra. Por aí precisamente comeza a visita, guiada por un mozo contratado pola empresa de seguridade, á sua vez contratada pola Xunta de Galicia para que todo discurra en orde e concerto.


Corunha cura 2016

Persoas voluntarias preparan medicamentos para viaxar a Senegal

Sociedade 26/10/2016
  Envía a túa opinión

Un total de 13 persoas voluntarias da ONG Ecodesarrollo Gaia viaxarán do 12 ao 28 de novembro á localidade senegalesa de Yoff-Tonghor para prestar atención médico-sanitaria á súa poboación, indagando as causas e aplicando solucións para mellorar a saúde e a calidade de vida dos habitantes da devandita comunidade.


Ana Pontón (BNG) demanda explicacións ao presidente da Xunta

Reclaman a comparecencia de Feijóo polo caso da hepatite C

Sociedade 19/04/2016
  Envía a túa opinión

“Recortar na saúde da poboación parécenos deleznable” manifestou Pilar Cancela, do PsdeG PSOE. Eva Solla, de AGE pediu a dimisión de Núñez Feijoo pola súa responsabilidade no caso. Ana Pontón (BNG) tamén demanda claridade da Xunta sobre as actuacións realizadas. Toda a oposición pide a comparecencia do presidente da Xunta no Parlamento. “Non é serio relacionar unha cousa coa outra” afirmou Alberto Núñez.


Xosé Manuel Beiras

A xente que se indigna de verdade se sinte resarcida

Sociedade 16/03/2016
 3 comentario/s - Envía a túa opinión

Xosé Manuel Beiras acusa aos deputados do Partido Popular de "terse rido" da iniciativa que presentou o seu grupo propoñendo o rescate do hospital de Vigo. Esas actitudes entorpecen o debate parlamentario e obstruen a presentación de iniciativas, afirmou o catedrático universitario.


Imaxe facilitada por Vía Láctea Comunicación

Xosé Díaz ingresa na Academia Galega de Belas Artes

Sociedade 27/01/2016
  Envía a túa opinión

Xosé Díaz Arias de Castro ingresa na Academia Galega de Belas Artes como membro numerario na sección de artes da imaxe. Pronunciará o seu discurso nun acto de recepción pública que se celebrará o sábado-30 na Fundación Luis Seoane. O deseñador pronunciará o seu discurso de ingreso, titulado “Enriquecer ao mundo coa nosa diferenza. Contribución de Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo ao deseño galego do século XX”. O novo membro será contestado, en nome da institución, polo académico numerario da sección de arqueoloxía e museoloxía, Felipe-Senén López Gómez. A súa entrada na Academia foi aprobada por votación regulamentaria e con maioría absoluta na sesión ordinaria do 30 de maio de 2015 para cubrir unha vacante de nova creación.

1 -2 -3 -4 -
Publicidade

Axenda

Enquisa

Os galegos e galegas debemos ter dereito a decidir?
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros