Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 25 de Marzo de 2017

Emisoras > Radio Burela

Información da emisora Novas da emisora

A voceira nacional do BNG, Ana Pontón

Pontón toma o relevo de Jorquera nas sesións de control a Feijóo

Institucional 16/05/2016
  Envía a túa opinión

O portavoz parlamentario do BNG, Francisco Jorquera anunciou hoxe cambios no grupo parlamentario no que resta de Lexislatura adiantando unha coportavocía na que a deputada Ana Pontón formulará as preguntas ao presidente autonómico Alberto Núñez Feióo e Jorquera asumirá a coordinación do grupo parlamentario e a representación do BNG na Xunta de Portavoces. O cambio, dixo, é “absolutamente natural” e compartido polo grupo parlamentar do BNG porque Pontón "ten a responsabilidade de ser a máxima referente da política do BNG, é a nosa candidata á Presidencia da Xunta e a sociedade galega debe ter a oportunidade de contrastar nos debates parlamentarios o continuísmo que representa o Feijóo fronte á alternativa de futuro que encarna Ana Pontón”.


Cartel coas concentracións de hoxe

Moitas protestas contra as probas de reválida

Sociedade 04/05/2016
  Envía a túa opinión

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público continúa na loita contra a LOMCE inicia hoxe a campaña contra as reválidas para que as familias non envíen os seus fillos ou fillas a facer as probas xerais de primaria que desta volta atinxen aos cursos de e . Este serán desenvolveranse concentracións de protesta nas principais cidades e vilas galegas ás que seguirán outras durante o recreo nos centros escolares o vindeiro luns, 9 de maio. O propio día de inicio das probas, o mércores 11, a Plataforma levará ás súas reivindicacións até a sede da Consellaría de Educación en Santiago. Anímase a que nos días da reválidade as familias non leven aos alumnos ás aulas, feito que non terá impacto no seu expediente académico, aseguran. A Plataforma distribúe entre as familias un modelo de escrito, dirixido ás direccións dos centros, para amosar o seu rexeitamento ás probas.


O presidente da Xunta na Cámara galega

A Xunta recoñece que se lle denegou o tratamento da hepatite C a 13 persoas

Sociedade 27/04/2016
  Envía a túa opinión

A Xunta denegoulle o tratamento contra a hepatite C a 13 persoas segundo recoñeceu hoxe no Parlamento Galego o presidente Alberto Núñez Feijóo. Na súa intervención na Cámara do Hórreo Feijóo non explicou as razóns que sustentaron esa negativa. Aconteceu o debate a un dia da declaración nos xulgados dos dous altos cargos do SERGAS investigados no caso.


Rorcual na factoría de Caneliñas. Anos 20.

Chamádeme Ismael ou a caza das baleas en Galicia

Sociedade 14/01/2016
  Envía a túa opinión

“Chamádeme Ismael”. Comeza así a narración da novela de Herman Melville “Moby Dick”. A obra narra a travesía do barco baleeiro Pequod, comandado polo capitán Ahab, na obsesiva e autodestructiva persecución dunha gran balea branca. A costa galega tamén conviviu durante séculos coa caza das baleas. Mariñeiros e barcos falaban o noso idioma. En Camelle, Caión, en Prioiro en Covas en Ferrol, Bares, San Cibrao e Burela cazábanse, despezábanse e aproveitábanse os cetáceos.


En Galicia, Cataluña e o Pais Basco haberá unha leitura autonómica dos resultados das eleccións xerais

Normalidade na xornada das eleccións xerais en Galicia

Sociedade 20/12/2015
  Envía a túa opinión

Vintetres escanos no Congreso dos Deputados e doce no Senado elixen hoxe 2.705.846 galegos e galegas. Aspiran a eses postos un total de 421 persoas. Nas últimas eleccións celebradas no 2011 a abstención foi do 37,79% e todas as previsións indican que a participación medrará nesta xornada na que se pode exercer o dereito a voto en 2.483 locais electorais. Cando comecen a sair os resultados os dirixentes políticos mirarán cun ollo cara os resultados globais para comezar a especular cos posibeis pactos para a elección do presidente do goberno. Pero con outro ollo mirarán para os resultados da comunidade, pola tendencia que se pode apuntar cara as eleccións autonómicas do vindeiro ano 2016. 



1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -
Publicidade

Axenda

Enquisa

Os galegos e galegas debemos ter dereito a decidir?
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros