Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 20 de Novembro de 2017

Emisoras > Radio Lagarteira

Información da emisora Novas da emisora

Matalobos é tamén un club gourmet

O Val du Xálima fálanos a través do seu aceite ecolóxico

Sociedade 29/01/2015
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Galicia mantén un vencello singular co noroeste de Estremadura. Nun recanto da Serra de Gata, á beira da raia con Portugal, ábrese o Val du Xálima, unha área cun patrimonio único: unha lingua de seu, “A Fala”, un idioma debedor do que falaban os colonos galegos e bercianos e que se foi transmitindo dende o século XI. Mais dende o recanto coñecido como Us Tres Lugaris tamén poden descubrirnos o seu patrimonio único dun modo diferente. Poden falarnos intensamente no idioma do padal. “Aquí de sempre o que se traballou foi a oliveira. É unha cultura arraigada, non hai unha familia que non teña unha oliveira propia, forma parte da nosa cultura e forma de ser”, explica Pedro Giraldes, un dos promotores de Matalobos, unha marca de aceite de oliva virxe extra producido nun lugar do val do mesmo nome. “Se temos un aceite que ten unha calidade excepcional e non o estamos sabendo exteriorizar, dándolle o valor engadido que ten, pode ser que esteamos perdendo a nosa indentidade”, reflexiona.


Almazara As Pontis das Ellas

U complicau camiñu da adituna

Sociedade 25/10/2014
 3 comentario/s - Envía a túa opinión

"A uliva condo cai du remolqui vai a unha tolva de aceiru inoxidabli, logu a unha limpaora cunha gran turbina que le quita a terra que poia tel, a folla, as ramas i a uliva que está rota que trería tamén má calidai”, afirma Miguel Carrasco, da almazara As Pontis das Ellas, na comarca de Estremaura que usa a fala. Continúa con u relatu du periplu da adituna: “Pasa a unha lavaora, onde se le dá con agua pa que quedi ben limpiña, logu se pesa i vai pa unhas grandes tolvas i logu au muñu, ondi un martelu a moi a determinadas revoluciós´” destaca u produtol du adeiti Vieiru.

1 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros