Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 22 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Estrada

Información da emisora Novas da emisora

A Estrada. Bicis clásicas na Feira da sidra 2017.

Sidra artesá e de calidade

Sociedade 30/05/2018
  Envía a túa opinión

A Estrada consolídase como productor de sidra e apunta ao turismo na  VII Feira da Sidra natural e ecolóxica. Este sábado 2 de xuño celebrase na Estrada a VII Feira, con productos ecolóxicos e eventos culturais. A presentación da feira levouse a cabo nas instalacións de Sidra Natural Peroja e ata alí se desprazaron a Conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, a Directora Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, e o Alcalde estradense, José López Campos para acompañar aos productores. A conselleira destacou que a produción de sidra en Galiza "está en auxe" e que "cada vez son máis os agricultores que apostan pola mazá natural e ecolóxica", resaltando a  “creación de riqueza e emprego, que xenera e que favorece á fixación da poboación".


Festa do galo de curral 2018. Domingo 27 de maio

O galo de curral, criado en liberdade

Sociedade 23/05/2018
  Envía a túa opinión

O Galo de Curral de Vila de Cruces está criado en liberdade e é sometido a controis de calidade, además de cumprir cunha dieta totalmente natural a base de cereais, berzas e productos naturais, da casa...
Ademáis dunha cita gastronómica onde degustar o galo de curral, poderase disfrutar dunha ampla gama de actividades musicais e culturais.


Pablo Chichas

Non todo é negro na vida de Sara

Sociedade 08/05/2018
  Envía a túa opinión

Sara Martí protagoniza a novela de Pere Tobaruela En branco e negro. Ela é unha xornalista que se nega a aceptar a realidade tal como é. A historia vaise adobiando coas represalias do réxime ditatorial en Guinea Ecuatorial. Tamén vive o desacougo dun amor frustrado. O libro preséntase este venres na Estrada. 


Fene. 2012. Xoan Bascuas e Xosé Manuel Beiras

Enfermo con saúde de ferro

Sociedade 15/04/2018
  Envía a túa opinión

O nacionalismo galego é un enfermo cunha sorprendente saúde de ferro, segundo o historiador e catedrático da Universidade de Santiago de Compostela Xosé Manuel Núñez Seixas. Tras cinco anos de estadía en Munich e recén reincorporado ao seu posto, o profesor advirte do risco de que Galicia quede fora da solución da cuestión territorial.


Anxo Angueira na Casa da Matanza en Padrón. 2018

Galicia protagoniza o traballo literario de Rosalía de Castro

Sociedade 29/03/2018
  Envía a túa opinión

Galicia protagonizou todo o traballo literario de Rosalía de Castro, afirma o presidente da Fundación que leva o nome da autora de Cantares Gallegos, Anxo Angueira. “Foi pioneira no feminismo, na defensa dunha lingua e dunha cultura maltratada e mirou sempre moito polos excluidos.

1 -2 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros