Envía a túa opinión
O Concello de As Pontes - A Coruña- está a organizar para este venres 24 de maio unha homenaxe ao cantautor Suso Vaamonde. As protagonistas serán as Cantareiras de Alende que ofrecerán un concerto no Auditorio Municipal Alovi cun repertorio exclusivo do compositor de Ponte Caldelas. Mini e Mero sumaránse á homenaxe.
Envía a túa opinión
O Consello Escolar Municipal do Concello de As Pontes (A Coruña) ven de manifestar o seu respaldo á xornada de folga estudiantil convocada para o vindeiro xoves, día 9, en protesta pola Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) que pretende aplicar o Ministerio de Educación. Así se acordou no encontro deste órgano onde, de xeito unánime, se expresou o apoio á xornada de protesta convocada para esta semana, un apoio que representaron o propio presidente do CEM e edil de Servizos Sociais, José Alén, e as asociacións de pais e nais dos centros educativos ponteses, tamén representados neste encontro, xunto con integrantes dos colexios do municipio e de diferentes colectivos tamén do concello pontés.
Envía a túa opinión
Dende onte e ata o vindeiro venres, día 5, os membros do Comité de empresa da factoría de Endesa en As Pontes, permanecen pechados nos locais deste comité en protesta pola pretensión da compañía de recortar a plantilla do ciclo combinado, deixándoa en 30 traballadores, dos 39 que ten na actualidade. Unha manobra que mermará unha plantilla xa nestes momentos demasiado moi escasa para atender a actividade do ciclo combinado de As Pontes.
Envía a túa opinión
Tres persoas, unha delas un menor, faleceron e outras dúas resultaron feridas, nun accidente de circulación ocorrido este domingo na localidade coruñesa das Pontes.Segundo informou o Servizo de Urxencias Sanitarias 061-Galicia, o suceso ocorreu pasadas as 14.30 horas deste domingo na estrada que une As Pontes con Ortigueira: Chocaron frontalmente dous vehículos minutos despois da caida dunhas fortes precipitacións en forma de saraibas.
Envía a túa opinión
O Concello de As Pontes, ven de facer público o programa da XXXIII Feira do Grelo de As Pontes, un conxunto de actividades nas que se mestura non só a exaltación gastronómica deste produto tan típico no municipio, senón tamén a música, as demostracións de artesanía, a venda de produtos alimentarios da comarca e ata o humor de diferentes comparsas locais. Apostouse neste 2013 por continuar na liña das feiras de edicións anteriores que tanto éxito e popularidade lograron e que, un ano máis, volverá convertir a As Pontes nun dos referentes gastronómicos de Galicia no domingo de antroido.