Envía a túa opinión
O Membro fundador de “A Xoaniña, Cooperativa de Consumo Responsable” de Ferrol, Xan Martínez, participa hoxe, 2 de maio ás 8 da tarde, no II Ciclo de palestras “Creando Alternativas” co que Asemblea Aberta Ourense conmemora o segundo aniversario do 15M. Xunto con Víctor Barro, falarán de Consumo e Economía Social, no Salón Noble do Liceo de Ourense. Abordarán o Consumo responsable: a súa importancia como motor da xustiza social e Cooperativismo e economía social: a súa implicación como modelo de desenvolvemento e como ferramenta contra a deslocalización do capital.
Envía a túa opinión
O Comité Nacional do PSdeG - PSOE decidiu convocar unha consulta á militancia para o 1 de xuño sobre a persoa que debe ocupar a secretaría xeral do partido. Un congreso extraordinario, marcado para o 6 de xullo, respaldaría, segundo o marcado nos Estatutos socialistas, a decisión da militancia. Queda no ár, se a executiva federal socialista aceitará esta fórmula.
Envía a túa opinión
A Cátedra de Hidroloxía Médica da USC e Balnearios de Galicia traballa nunha base de datos de pacientes que reciben tratamentos en instalacións termais. Trátase de coñecer as principais patoloxías que se atenden neste eido e os procedementos terapéuticos que se aplican. A Cátedra forma cada ano a máis dun centenar de futuros médicos expertos en hidroloxía médica. A Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago e a Asociación de Balnearios de Galicia leva dende 2009 formando a futuros médicos neste eido, algo máis dun centenar cada curso. Ademais das clases teóricas, os alumnos teñen a oportunidade de realizar prácticas en balnearios, o que lles permite coñecer como os facultativos dos establecementos termais aplican diferentes técnicas para o tratamento de enfermidades e doenzas diversas.
Envía a túa opinión
A a Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega) de Galicia e Movistar presentaron hoxe en Santiago de Compostela o percorrido e as características da segunda fase do Roadshow Movistar Galicia, un aula móbil que visitará durante os vindeiros 4 meses, 82 municipios galegos co obxectivo de trasladar as vantaxes de Internet á poboación do rural beneficiada polo Plan de Banda Larga da Xunta de Galicia.
Envía a túa opinión
Castro Caldelas celebrará o vindeiro 19 de xaneiro outra nova edición da Festa dos Fachós, cuxa orixe está datada no ano 1753. Repartiranse máis de 4.000 chourizos, 500 litros de viño e haberá uns 400 fachóns, entre eles o fachón grande que mide máis de 30 metros e que portan até 30 persoas. O festexo bota andar no lusco e fusco do día 19, cando os veciños cargados cos feixes de palla a xeito de antorcha, vanse concentrando no adro da igrexa. Cando se fai totalmente de noite prendese o fachón grande, e a partir deste os máis de 400 fachós pequenos. Sae entón unha procesión que recorre o casco vello coroado polo castelo mentres repenican as campás. Vólvese ao lugar de orixe, onde se tiran os restos dos fachós nunha enorme fogueira. Logo o concello convida aos asistentes a produtos da zona: entre música de gaiteiros.