Envía a túa opinión
Cociñeiros, confraría, empresarios, hostaleiros e institucións promoven unha festa que iniciou este ano os trámites para lograr a declaración de Festa de Interese Turístico logo de que así se aprobara por unanimidade no último pleno do Concello de Redondela. O certame gastronómico centra o groso das actividades na fin de semana con casetas de degustación, feira de artesanía, demostracións culinarias e actividades para os máis pequenos. O sábado e o domingo o choco e o rei.
Envía a túa opinión
"A praza e o Palacio: Construíndo a rebelión cívica" é o suxerente título dun debate que se celebrará o venres 10 de maio ás 20:00h no IES Santa irene de Vigo. O convite chega dende a área de movementos sociais de Anova-irmandade Nacionalista na cidade olívica.
Envía a túa opinión
Os versos da Internacional representan o espiritu das marchas que este mediodía percorreron as rúas céntricas das cidades de Galicia. Perto de 200.000 persoas asistiron ás protestas contra os recortes e contra as medidas de austeridade do Partido Popular. A crise e o desemprego activaron a masiva participación no primeiro de maio, dia internacional dos traballadores. A CIG celebrou a súa manifestación central en Vigo e CCOO e UXT na Coruña.
Envía a túa opinión
Cómpre un relevo na Moncloa. Malia celebraren un ano máis por separado a xornada do Día do Traballo, tanto os sindicatos UGT e CCOO por unha banda, como a CIG pola outra, coinciden na necesidade de que outra administración colla o relevo logo de que nas últimas horas o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, concedese que van continuar os recortes e o paro seguirá a medrar baixo o seu mandato. “É un Goberno deslexitimado que se pasa o Parlamento polo forro dos seus caprichos e está esgotado. Precísase un pacto de todas as forzas políticas e sociais para o emprego e a protección social”, demandou en Radiofusión o secretario xeral de CCOO-Galicia, Xosé Manuel Sánchez Aguión. “O Goberno está amortizado, pero nós xa non esperabamos nada distinto ao que está a pasar, porque o Partido Popular non é un partido que nacese hai dous día”, abundou o líder da CIG, Suso Seixo.
Envía a túa opinión
O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, erixiu a Galicia en "clave" para que se levase adiante a elección do líder no PSOE mediante un proceso de primarias, pero evitou concretar se el mesmo optará á reelección á fronte dos socialistas galegos. Así, supeditou o seu futuro a "traballar para cambiar este país, como miles de galegos do Partido Socialista". "O que eu faga é irrelevante", afirmou Pachi Vázquez antes de participar en Poio (Pontevedra) na clausura do XIV Congreso das Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG).