Envía a túa opinión
A pianista Gabriela Montero (Caracas, Venezuela, 10 de maio de 1970) actúa no Museo Centro Gaiás, na Cidade da Cultura en Santiago, o venres 21 de xuño, ás 21h. A pianista venezolana é coñecida polas súas improvisacións sobre temas clásicos.
Envía a túa opinión
A vindeira fin de semana celebrarase en Compostela, o VI Congreso da Confederación Intersindical Galega, no que participarán un total de 682 congresistas: 540 delegadas/os elixidas/os polas distintas federacións nas comarcas; 136 membros do Consello confederal e 6 da Comisión de Garantías. Está xa confirmada a presenza de 25 delegacións internacionais. O lema escollido pola central sindical “É necesario. É posíbel. Organización, loita, soberanía”, sintetiza os principais elementos a debate.
Envía a túa opinión
Un concurso de tapas e petiscos abrirá o venres 1 de marzo o programa da 38º Festa do Queixo de Arzúa. Artesáns, profisionais de diferentes sectores, músicos e 32 queixerías daránse cita no recinto feiral, segundo sinalou este mediodía o alcalde da localidade José Luis García.
Envía a túa opinión
Un evento para público de todas as edades. Iso é a Festa do Queixo que se programa para o venres, 1 sábado 2 e domingo 3 de marzo. A cantante Sés actuará no recinto feiral o sábado á unha do mediodia, antes da dar paso ao humorista, actor e presentador Xosé A. Touriñán que pronunciará o pregón.
Envía a túa opinión
Máis de cincocentas de persoas, entre veciñanza, organizadores e colaboradores participaron este domingo na XIV Matanza Tradicional do Porco que se celebrou ao pé do Santuario “Nosa Señora do Corpiño” na parroquia lalinense de Losón, un entorno propicio e acolledor pese a que a climatoloxía non acompañaba. Nesta ocasión o porco que foi sacrificado, “Valentín”, foi adquirido hai dous anos polo Concello e protagonizou varias reportaxes fotográficas ao longo da súa vida. Foron precisos un total de 7 homes para poder sacrificalo pois amosou resistencia. Finalmente este animal de grandes dimensións, pois con toda probabilidade superaba os 200 quilogramos. A xornalista Susanna Griso será a prtegoeira da XLV Feira do Cocido de Lalín o próximo domingo.