Envía a túa opinión
O Museo Etnográfico da Capela inaugura o próximo 17 de marzo unha colección de xoguetes tradicionais, orixinarios de África, segundo anunciou o director do museo, Secundino Garcia Mera en Ferrol, na presentación do nº 50 da Revista Galega de Educación. No nome do Consello editorial da revista, Mª Dolores Candedo, foi a encargada de presentar o que ven ser unha síntese do que sucedeu no eido da educación en Galicia nos ultimos 25 anos, así como un recopilatorio dos artigos máis senlleiros publicados na mesma.
Envía a túa opinión
Unha "magnolia soulangeana" amosa as súas flores, cunha cór entre branco e lila, na beira da avenida Naturais de Fene. Ë unha das árbores da “finca de Comesaña ou de España”. Conta cuns 50 anos de idade, 1,70 metros de perímetro de tronco a 1 metro de altura, unha copa moi aberta de 11,5 metros de diámetro e 12 metros de altura.
Envía a túa opinión
A nosa gran escritora, Rosalía de Castro, foi a única capaz de lograr o acordo entre os grupos municipais de Fene- A Coruña- no pleno de onte que decidiu celebrar o 24 de Febreiro dun xeito especial; porque no resto dos asuntos os tres grupos da oposición foron por un lado e o PP polo outro. BNG, EU e PSOE asinaron conxuntamente as tres iniciativas que centraron o debate da sesión plenaria. Unha contra a Reforma Laboral, outra apoiando a Plataforma SOS sanidade pública e en terceiro lugar a Declaración institucional polo 8 de marzo, Dia Internacional da Muller. O grupo popular non concordou con ningunha delas. A portavoz, Rocío Bértoa, que desexaba o consenso, non pasou pola defensa do dereito ao aborto nos termos que prantexa a esquerda e fixo fincapé en que non pasa porque as menores de idade non consulten aos pais para interrumpir o embarazo.
Envía a túa opinión
O luns inaugúrase na Casa da Cultura de Fene unha nova exposición do pintor mugardés, Antonio Cartelle. Pintor autodidacta que trae a Fene, 45 obras cunha temática moi concreta, a Galiza dos ultimos anos, a Galiza no final dunha era. Persoas, paisaxes, construccións, oficios, anacos da verdade deste país. Segundo o mesmo Cartelle, a mostra que veremos en Fene "quere deixar constancia dunha verdade".
Envía a túa opinión
Un novo sistema de gardas nas farmacias da comarca de Ferrol entra en vigor dende mañá venres. A única farmacia de garda en servizo nocturno para Bezoucos, será a de María José Prieto Filgueira, en San Xoan de Piñeiro en Mugardos. Atenderá as urxencias farmaceúticas nese horario de noite e ao longo de todo o ano, para a área de Fene, Ares e Mugardos. En Ferrol unha única farmacia atenderá a garda nocturna entre as duas e media da madrugada e as nove e media da mañá. Neste caso rotarán varias farmacias. Trátase dun novo sistema de gardas pactado entre a Consellería de Sanidade e o Colexio Oficial de Farmaceúticos da provincia da Coruña.