2 comentario/s - Envía a túa opinión
Axentes da policía nacional detiveron a J.J. S.G., de 37 anos de idade, veciño de Chapela como presunto autor dun delito de roubo con violencia, que tivo lugar o pasado 20 de marzo nun establecemento comercial da Avenida de Galicia en Chapela.
Envía a túa opinión
Unha ducia de guións compiten no apartado “faino ti mesmo”, un concurso de ideas orixinais englobado dentro da programación do festival Redondela en curto, cuxa V edición vaise desenvolver dende o 23 de abril ata o 3 de maio.
11 comentario/s - Envía a túa opinión
A Deputación de Pontevedra, fixo hoxe pública a adxudicación da concesión da Pousada do Castelo de Soutomaior para dedicalo a establecemento de hostalería. A medida permitirá ao organismo provincial extraer un beneficio anual de 84.000 euros con respecto ós ingresos que viña xerando a actual adxudicataria.
Envía a túa opinión
A asociación de familiares e enfermos mentais Lenda está a traballar na creación de novos servizos que atendan aos usuarios do centro. O obxectivo é poñer en marcha nunha antiga fábrica de camisas na rúa Prego de Montaos un centro de formación ocupacional que atendería a un total de 15 persoas. O investimento preciso para renovar o local ascende a 130.000 euros polo que están a negociar con diferentes entidades públicas e privadas a posibilidade de recibir axudas que fagan posible esta obra.
Envía a túa opinión
Cans de todas as razas e tamaños, competidores da Liga Rexional Noroeste, que engloba a Galicia e Asturias, mostrarán as súas condicións físicas no I Trofeo Concello de Redondela de Agility que se disputará a vindeira fin de semana no anexo do campo de fútbol de Santa Mariña.
A proba desenvolverase a partir das 16.00 horas do sábado organizado polos clubs Agility Patas-Arion e Terrameiga en colaboración co Concello de Redondela.