Envía a túa opinión
O inmortal da risa chega a Narón. Preséntase o espectáculo cómico creado por Dani Rovira: cómico, actor e improvisador. Traenos un humor rápido, ácido, surrealista e improvisado. As súas historias son próximas, verdades cheas de mentiras e mentiras totalmente reales...aderezado todo co vento do sur.
Envía a túa opinión
A liña de tren entre Ferrol e A Coruña atravesa nos seus 77 quilómetros unha área poboada por 465.000 habitantes. Pero o tren tarda entre 70 e 75 minutos costando o billete 5,05 euros. O autobús sae cada media hora, tarda 45 minutos pero custa 7 euros. Xa que logo, o aforro realizando a viaxe en ferrocarril non é despreciable. O problema é a lentitude. Mentres, o AVE xa funciona entre Santiago e Ourense e a Renfe modernizou o ferrocarril entre A Coruña e Vigo, de xeito que hoxe é, neses traxectos, un medio de transporte rápido e competitivo.
Envía a túa opinión
O Concello de Mugardos ultima os trámites para o inicio das obras de transformación do castelo da Palma nun hotel. O ente municipal aprobou inicialmente a modificación puntual do Plan de Urbanismo. Ese cambio debe agora ser ratificado pola Xunta de Galicia. Logo volverá aprobalo o Concello mugardés. A empresa propietaria do edificio deberá presentar un anteproxecto de execución da obra.
Envía a túa opinión
A construción do dique flotante e o encargo da sexta fragata para a Marina española son duas das medidas propostas polo BNG no Congreso dos Deputados para revitalizar o sector naval. Jorquera, Miranda e Branco presentarán nas diferentes cámaras baterias de propostas en defensa dos estaleiros.
Envía a túa opinión
Pasada unha semana, as mariscadoras da Confraría de Barallobre volvéronse a manifestar este mediodía en Ferrol. Diante do edificio da Xunta da cidade departamental amosaron o seu malestar ante a falla de resposta ás súas demandas por parte do goberno galego. Nestes sete días marisquearon no Lombo de Neda e acharon un auténtico desastre.