Envía a túa opinión
A Capela do Centro Torrente Ballester acollerá esta fin de semana un novo espectáculo para o público infantil no marco de Escena Familiar, o programa estable posto en marcha pola Concellería de Cultura o primeiro sábado e domingo de mes. Nesta ocasión será a compañía de monicreques Trompicallo a protagonista, coa representación da función infantil “O día que chegou unha nube e choveu”, pensada para nenos e nenas de entre un e catro anos. Será o sábado ás 18.00 horas e o domingo, ás 12.00 horas, e o prezo das entradas oscila entre os 2 e os 5 euros.
4 comentario/s - Envía a túa opinión
Disolveuse a Cooperativa de Transportes "Vieiro" de Fene. Ante a impotencia de sair do atolladeiro despois da denuncia da empresa Arriva, as multas impostas pola Xunta de Galicia e a falta de solucións, a asamblea de socios reunida o sabado tomou o acordo de disolver a cooperativa.
Envía a túa opinión
Cocer estrugas ou ortigas e posteriormente lavar o pelo co líquido resultante. A esta loción se lle atribuen propiedades como afortalar o cabello e combater a caspa, a graxa e a caida do pelo. Trátase só dunha das propiedades das estrugas. A planta que pica tamén afortala os cultivos, é fitoestimulante e combate os ácaros.
Envía a túa opinión
O camiño orixinal para chegar ao mosteiro de Caaveiro viña dende A Capela e o Pousadoiro, salvando a ponte do río Sesín. A soedade era o prezo a pagar para poder gozar da fermosura natural deses paraxes, regados polas augas dos rios Eume e Sesín. Dende algúns recunchos do camiño, divisase a silueta do mosteiro, encabalgado sobre un promontorio rochoso, amosando o seu perfil edificado, como apoiado nas copas das árbores.
Envía a túa opinión
O gañador/a do disfraz máis divertido da Carreira de Disfraces de Ferrol, que se celebrará por primeira vez este ano, recibirá como premio unha fin de semana de turismo rural. Anunciáronno esta mañá os concelleiros de Festas e Deportes, María López e Manuel Santiago respectivamente, departamentos promotores da iniciativa. Os edís agradeceron a colaboración da empresa Viajes Paco, que ofrece gratuitamente a estancia, válida para dúas persoas.