Envía a túa opinión
A Capela do Torrente Ballester acollerá este xoves ás 22.00 horas o concerto inaugural da nova tempada do ciclo “Novas Noites”, promovido pola Concellería de Cultura para ofrecer aos ferroláns e ferrolás músicas alternativas. Esta primeira actuación correrá a cargo do músico local Marcos Mella, que presentará ao público asistente o seu traballo discográfico “12 canciones sin nombre y un poema dedicado”. O músico subirase ao escenario acompañado de Fran Rey (piano e acordeón), Luis Cuba (baixo e contrabaixo), Javier Gastañaduy (guitarra) e Álvaro Lamas (steel guitar).
Envía a túa opinión
“Inverno de Cine” trae esta semana a curtametraxe galega “O Marco” e o filme “Vértigo”, de Alfred Hitchcock. O ciclo, que cada mércores trae aos Dúplex de Ferrol o mellor cine en versión orixinal subtitulada, ofrece cada semana unha sesión doble, que comeza ás 20,30 horas co pase dunha curtametraxe galega e dun filme internacional. A entrada é libre e de balde.
Envía a túa opinión
Os nenos e nenas de Ferrol de catro a dez anos teñen mañá mércores, a partires das seis da tarde, unha nova cita na Biblioteca Municipal coa narradora Fátima Fernández, que os adentrará no apaixoante mundo da literatura infantil. A concelleira de Cultura e Educación, Mercedes Carbajales, explicou esta mañá que a actividade, posta en marcha con carácter gratuíto, está dirixida de maneira especial a aqueles pequenos con idades comprendidas entre os catro e os dez anos.
Envía a túa opinión
O concelleiro de Medio Ambiente e Servizos, Rafael Fernández Beceiro, informou que operarios do Servizo Municipal de Xardíns comezaron esta mañá a replantar os camelios retirados da rúa Dolores, no barrio histórico da Magdalena. Fixéronno na praza Carlos Casares, en Esteiro, a onde trasladaron catro exemplares e, nos vindeiros días, continuarán as tarefas noutros puntos da cidade como a praza do Himno Galego, no mesmo barrio. Nesta liña, o edil lembrou que no mes de xuño o Concello retiraba 32 camelios e 12 bancos da citada vía co fin de liberar espazo para o peón e facilitar o emprazamento de terrazas para os negocios de hostelería. A medida se tomaba para dar resposta á saturación de mobiliario urbano na zona, onde nun treito de 400 metros se concentraban ata 66 prantas e 28 bancos.
Envía a túa opinión
A Federación de Libreiros de Galicia convoca os XX Premios Irmandade do Libro nas seguintes modalides: Centros de ensino, Fomento da lectura, Autor, Libro do ano 2010, Obra editorial do ano 2010, Institucións e Librarías. Os gañadores nos distintos apartados, recibirán unha figura alegórica de bronce do artista lucense Ismael López, deseño exclusivo para este certame, realizada nos talleres de Artebronce, en Goián.