Envía a túa opinión
A asamblea do PSdeG-PSOE de Fene acordou esixir a inmediata convocatoria do Congreso galego e o proceso de primarias para a elección do Secretario Xeral na primavera de 2013. A asamblea tamén acordou iniciar a nivel local un proceso interno de debate de propostas programáticas e de estratexias a desenvolver a partir da asamblea extraordinaria que celebrarán a finais de febreiro. A asamblea local do PSdeG-PSOE de Fene, reuniuse na mañá do sábado, día 26.
Envía a túa opinión
O Dia Mundial da Lepra conmemorase este domingo. Na area sanitaria de Ferrol non apareceu no último ano ningún paciente desta doenza, pero en Galicia detectáronse 7 casos actualmente en vixianza e tratamento, segundo salienta o dermatólogo do Arquitecto Marcide, Miguel Cabanillas. A lepra ten cura dende os anos 40 pero resístese a desaparecer.
Envía a túa opinión
O Concello de Fene decidirá nas vindeiras semanas a ubicación da nova escola infantil comprometida hoxe pola conselleira de Traballo e Benestar Beatriz Mato. Poderá optar por construila nos terreos da antiga escola do Carril en Barallobre, ou ben adaptar para ese cometido parte do Colexio Os Casais de Maniños. Mato reuniuse esta mañá co alcalde Gumersindo Galego e co conxunto da Corporación.
Envía a túa opinión
Fene acolle este sábado unha das función do programa de dinamización lingüística “falaRedes”. Ás 12 da mañá no CCRD de Perlío podemos ver o espectáculo “O Señor das Dunas”, baseado na literatura oral galega. O contacontos compleméntase coa ilustración en directo do relato, feita con area. Os asistentes recibirán como agasallo un libriño cos contos que escoitaron.
Envía a túa opinión
Os planteis de Navantia Fene e Ferrol movilizáronse ao completo esta mañá en Ferrol. Acabaron na praza de Armas nunha das movilizacións programadas reclamando traballo para os estaleiros. O presidente do comité de Navantia, Ignacio Naveiras, criticou ao PP por negar a comparecencia do ministro de Industria, José Manuel Soria, no Congreso para que explique o retraso do contrato coa petroleira Pemex. Afirmou que o flotel tiña que estar firmado porque Navantia ten os avais dende antes do nadal. Naveiras pedíu a dimisión do alcalde de Ferrol, por non defender os intereses dos traballadores do naval e da cidade.