Envía a túa opinión
A poesía non ten razón de ser se non hai un destinatario posible. Pero o poeta debe poñer en xogo as súas vivencias. A poesía ten moito de monólogo interior, pero tamén algo de diálogo cun interlocutor, segundo afirmaba o escritor de Pontedeume Ramiro Fonte. Era poeta e director do Instituto Cervantes de Lisboa. Faleceu o 11 de outubro do 2008, e con motivo do seu primeiro cabodano, organizouse unha homenaxe que se celebrará o vindeiro sábado en Vigo.
Envía a túa opinión
A compañía coruñesa Almacabra representa o seu cabaret Black Cherry Burlesque, este xoves na capela do Centro Cultural Torrente Ballester. Un espectáculo que chega a través da Rede Galega de Salas que se enmarca no ciclo Novas Noites. Unha posta en escea de cabaré, suxerente, divertido, ameno e moi picante ...
Envía a túa opinión
Fomentar a lectura entre os nenos e nenas da cidade adentrándoos na literatura infantil para que adquiran esta costume desde a infancia. Con este obxectivo comeza mañá mércores o programa de contacontos "A hora do conto", na Biblioteca Municipal da Praza de España de Ferrol. Amais Búscase o desenvolvemento da creatividade e da imaxinación dos participantes nunha actividade na que se conxuga o compoñente lúdico e educativo.
Envía a túa opinión
O Grupo de Acción Costeira Golfo Ártabro que xestiona as axudas do Fondo Europeo de Pesca levará a cabo unha reunión explicativa no Salón de Plenos do Concello de Fene. A charla organizada pola Concellería de Promoción económica celébrase mañá mércores ás oito da tarde.
Envía a túa opinión
“Por primeira vez en toda a historia da autonomía, o Goberno Galego non só non está a defender a nosa lingua propia, senón que encabeza o ataque contra o seu uso nos diferentes ámbitos”. Con este argumento, a plataforma QUEREMOS GALEGO anima a participar na manifestación que partirá o vindeiro domingo da Alameda de Santiago (12.00h). Na comarca de Ferrolterra, membros do colectivo intensificarán ao longo desta semana os contactos cos distintos Concellos para acadar o seu respaldo.