Envía a túa opinión
As direccións dos colexios de Fene amosánse descontentas ante o traballo que implica a recollida das axudas para a compra dos libros de texto. Un traballo administrativo que se engade a todo o que implica o comezo do curso escolar, preparación de horarios, distribución de profesorado, matrículas, exames, toda unha longa lista de actividades para iniciar as clases o xoves, 10 de setembro.
Envía a túa opinión
A asociación O Cruceiro de Fene organiza o primeiro MercaInFene. Trátase dunha feira na que participarán diversos comerciantes do concello e na que os visitantes poderán mercar produtos a prezos moi especiais. Calzado, textil, artesanía e incluso alimentación serán os sectores que se darán cita nesta primeira feira outlet o domingo 13 de setembro. Unha data que coincide no tempo co feirón. Deste xeito poderán darlle máis empuxe, segundo dixo pola mañá a presidenta da asociación Mónica Cociña en Radiofusión.
Envía a túa opinión
O problema da recollida de voluminosos de Fene xa ten visos de solución. Tras unha reunión dos concelleiros de servizos da Mancomunidade optouse pola proposta máis ventaxosa, a empresa Urbaser farase cargo dos enseres. Agora a última decisión téñenna os alcaldes para decidir se están dacordo ou tomarán medidas de presións ou instarán á xunta para buscar unha saída á problemática.
Envía a túa opinión
O comezo de setembro non é un impedimento para continuar cos festexos propios do periodo estival. O concello de Pontedeume celebrará desde este sábado a tradicional festa das Peras. As festas prolongaranse ata o venres 11 de setembro.
Envía a túa opinión
O Concello de Ares vén de ampliar as zonas wifi en lugares públicos do municipio. O obxectivo desta medida é a de seguir achegando as novas tecnoloxías aos cidadáns. A cobertura exténdese a parte da avenida do Mazote. Esta actuación resposta a unha demanda dos veciños desta rúa da vila, que teñen moitos problemas de acceso a Internet.