Envía a túa opinión
O festival do Río Castro non é un festival calquera, segundo a presidenta da asociación O Castelo, Almudena Vega, e os parroquianos de Narahío.
Envía a túa opinión
"Os cidadáns de Fene non merecen afrontar esta crise cun goberno de dereitas" afirmou o reelexido secretario local do PSdeG PSOE de Fene Antón Noceda. O dirixente socialista animou aos militantes "a traballar na rúa cos veciños e veciñas de Fene para facer do PSOE a forza política que aúne á esquerda fenesa".
Envía a túa opinión
A primeira semana de funcionamento do copago farmaceútico xenerou diferentes problemas. Moitos pacientes non puideron obter nas farmacias o medicamento recetado polo médico. A imposibilidade agravouse entre a tarde do martes e a tarde do mércores. A ausencia dunha base de datos unificada e a descoordenación entre as administracións implicadas incrementou as protestas. A asignación do tramo a cada paciente faise en función da declaración da Renda do 2010 ainda que a súa situación variase dende entón.
Envía a túa opinión
A Narahío, volve este sábado o Festival do Río Castro. Será a décimo oitava edición, a máis feminina musicalmente falando. O festival reune á xente de toda a comarca con gañas de disfrutar da mellor música galega con actuacións que durarán ata ben entrada a noite. O teatro ou os campionatos de xogos populares, serán os que abran boca durante o día en San Sadurniño (A Coruña). Actuará a banda Tanto nos ten de Redondela.
Envía a túa opinión
A historia económica ensínanos que a banca privada volverá repetir co tempo os seus erros de sempre. O seu é a especulación e non a transformación da realidade. Ese papel debe ser dos emprendedores e da banca pública, segundo salienta o profesor da Universidade da Coruña Ramón Yañez.