Transmite ao espectador a sensación de risco e velocidade que viven os retratados, o xinete e o cablo. A composición que forman as dúas liñas perpendiculares entre o público e o cabalo, volve a repetirse entre o cabalo e os brazos abertos do xinete. Esas foron as cuestións que valorou o xurado da fotografia presentada por Félix Carballal ao V Certame de Fotografía “Festa do Cabalo”. Resultou galardonada co terceiro premio.
A mirada humana e directa do cabalo protagoniza a fotografía de César Fernández, que obtivo o segundo premio no V Certame de fotografía “Festa do Cabalo” convocado de xeito conxunto pola Asociación Veciñal de Magalofes e Radiofusión. O ollo do amo permanece oculto pola sombra, en contraste co animal, o cabalo que en primeirisimo plano sobresae na composición.
María Vieira alzouse co primeiro premio do V Certame de fotografía “Festa do cabalo de Magalofes”. O alcalde de Fene Gumersindo Galego entregoulle o galardón e a premiada poderá gozar cunha cea no Restaurante Tortoni de Fene.
Chuca gañou o certame de eguas de tiro en razas indefinidas, a primeira das probas de beleza e estampa que se disputaron este domingo na Festa do Cabalo de Magalofes (Fene A Coruña). O sol acompañou ao evento e permitiu que reluciran con todo o seu esplendor as crines dos ungulados.