Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 22 de Febreiro de 2017

Programas > Efecto Dinamo

Información do programa Novas do programa

Auga: recurso vital, pero escaso

Sociedade 24/06/2010
  Envía a túa opinión

A importancia da auga como recurso vital e escaso centra unha nova entrega do programa Efecto Dinamo. A relevancia das nosas accións cotiás, as políticas gobernamentais da xestións da auga e os avances dos investigadores para mellorar a súa calidade serán algunhas perspectivas que se tratarán neste espazo.


Vías cara á eficiencia do gasto enerxético público

Sociedade 17/06/2010
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

As políticas municipais encamiñadas ao aforro enerxético centran unha nova edición do programa Efecto Dinamo. A eficiencia do alumeado público, a utilización de enerxías renovables ou as campañas de sensibilización cidadá son algúns dos puntos que se tratan a través de exemplos concretos de distintos puntos do Estado.


Os residuos aumentaron no Estado nun 42% durante a última década

Sociedade 10/06/2010
  Envía a túa opinión

Aínda que a normativa europea obriga aos estados comunitarios á redución dos residuos, en España aumentaron no últimos dez anos nun 42%, segundo datos do Ministerio de Medio Ambiente. É unha das cifras que alertan sobre as actuais política da xestión de lixo e que se recollen no programa Efecto Dinamo.


As lámpadas de baixo consumo duran até 8 veces máis que as tradicionais

Sociedade 03/06/2010
  Envía a túa opinión

As solucións eficientes para reducir o consumo enerxético das lámpadas e os electrodomésticos centran unha nova entrega do espazo Efecto Dinamo. O programa recollerá as voces de empresarios, ecoloxistas, asociacións de consumidores e representantes institucionais.

1 -2 -3 -4 -5 -
Publicidade

Axenda

Enquisa

Os galegos e galegas debemos ter dereito a decidir?

Últimas descargas MPEG audio

Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros