Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 26 de Xullo de 2017

Programas > Videoxogos e tecnoloxía

Información do programa Novas do programa

Iago Varela de Mallando no android

Iago Varela: “Twitter é unha maravilla para estar informado”

Sociedade 17/08/2015
  Envía a túa opinión

Twitter é unha maravilla para estar informado mentras que Facebook é o lugar para dar envexa, o sitio onde a xente ensina o que visita, o concerto ao que asiste ou o seu restaurante preferido. Así opina Iago Varela, que elabora dende Cabanas o blog Mallando no android, unha iniciativa para achegar as novas tecnoloxias e o idioma galego.


Far cry 4 é un videoxogo de acción e supervivencia nun mundo aberto

Far cry 4, un elaborado argumento e unha coidada tradución

Sociedade 05/06/2015
  Envía a túa opinión

Far Cry 4” é un dos mellores videoxogos dos últimos meses, un título de acción en primeira persoa que conta, como é tradición na saga, cun elaborado argumento. O traballo de tradución e adaptación feito dende a versión orixinal foi o mellor do ano en obras para maiores de 16 anos. Así o considerou a Asociación de Tradución e Adaptación Audiovisual de España, Atrae, que entregaba hai unhas datas os seus premios.


.gal

Aprobado o dominio galego en Internet

Sociedade 15/06/2013
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

A Asignación de Nomes e Números na Internet (ICANN) ven de autorizar a utilización do dominio .gal para identificar aqueles sitios relacionados coa lingua e a cultura galegas. A decisión prodúcese despois dun ano de estudio, segundo asegura nun comunicado a asociación PuntoGal.


Manuel Bragado na campaña Gústame o galego

O optimismo do Puntogal

Sociedade 24/04/2013
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

A candidatura do domino de Internet para a lingua e cultura galega (o .GAL) non recibiu ningunha obxección por parte dos gobernos representados na ICANN -o ente que goberna a Internet- e xa deu varios pasos importantes cara a súa aprobación inicial. A Asociación puntoGAL, quen presentou a candidatura en nome da comunidade lingüística e cultural galega, estima que antes de que remate o verán coñecerase o resultado da avaliación inicial ao dominio.

1 -2 -3 -4 -5 -
Publicidade

Axenda

Enquisa

Os galegos e galegas debemos ter dereito a decidir?

Últimas descargas MPEG audio

Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros