Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 25 de Marzo de 2017

Programas > Zona Verde

Información do programa Novas do programa

Premios Osíxeno 2015

ADEGA celebrou a 40 Asemblea Xeral e entregou os premios Osíxeno 2015

Sociedade 01/02/2016
  Envía a túa opinión

ADEGA vén de celebrar a súa 40 Asemblea Xeral. Van aló xa 40 anos de ecoloxismo e defensa do patrimonio natural e cultural de Galiza. A Asemblea aprobou tres resolucións que teñen que ver con Ence, a Lei de Acuicultura e coa sentenza do Prestige. No decurso do xantar de confraternización da 40 Asemblea, entregaronse os premios Osíxeno 2015. Foron premiados/as na categoría individual o apicultor e secretario técnico de AGA (Asociación Galega de Apicultura) Xesús Asorey; a Granxa Arqueixal na categoría colectivo e na de honra ao socio/a máis novo (Xoel) e ao máis veterano (Paco Graña) presentes no acto, en representación de todos os socios/as que ao longo destes 40 anos mantiveron vivo o ecoloxismo galego.


Cartaz da convocatoria dos premios de ADEGA

ADEGA outorga os Premios Osíxeno e Dioxina ás actuacións ambientais de 2015

Sociedade 14/01/2016
  Envía a túa opinión

O Secretario técnico de AGA, Xesús Arorey, alzouse co premio Osíxeno 2015 na categoría individual e a Granxa Arqueixal, o Premio Osíxeno na categoría colectiva. A empresa ENCE e o Cumio do Clima de París álzanse cos Premios Dioxina 2015 polas malas prácticas medioambientais. Os galardóns outorgaranse o día 30 de xaneiro no transcurso dun xantar en Compostela.


Monumento ao Camiñante Descoñecido de Barallobre. Actos do 75 aniversario. Ano 2009

Érvedos, camelias e palmeiras de Canarias no xardín do Camiñante Descoñecido

Sociedade 31/12/2015
  Envía a túa opinión

Un érbedo, unha palmeira de Canarias e varias camelias son algunhas das árbores que se poden contemplar no xardín do Monumento ao Camiñante Descoñecido de Barallobre en Fene A Coruña. O Monumento inaugurouse en 1934 nun acto no que interveu Don Ramón Otero Pedrayo, o Patriarca das Letras Galegas. Na praza central dispóñense 12 bancos, cos nomes de persoeiros da cultura.


A directora, Cora Peña

Estréase na Coruña o documental “O tesouro de Corcoesto”

Sociedade 03/03/2015
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

A película "O tesouro de Corcoesto" é pioneira en Galicia no financiamento por crowdfunding. O documental, que trata o conflito en torno á mina de ouro en Corcoesto, inicia a súa ruta de exhibición en salas, este xoves 5 de marzo no CGAI coruñés. Formará parte da sección Creadoras Galegas de Imaxe, organizado polo Consello da Cultura Galega. A proxección irá acompañada de presentación e coloquio a cargo da súa directora, Cora Peña. Os promotores do documental acharon neste sistema de financiamento por micromecenado un xeito de garantir o bo fin do proxecto e unha mirada independente sobre un tema tan candente e polémico, cruzado, ademais, de información confusa, en ocasións alarmante, noutras contraditoria.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -
Publicidade

Axenda

Enquisa

Os galegos e galegas debemos ter dereito a decidir?
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros