Envía a túa opinión
O grupo popular defende que a Mina de Corcoesto "pode ser unha solución moi válida a curto e medio prazo para paliar o problema do paro na comarca de Bergantiños". O deputado do PP, Aurelio Núñez, recordou que a declaración de impacto ambiental “foi feita con todo rigor, tras a solicitude de informe a múltiples organismos, así como a colectivos ecoloxistas”.
Envía a túa opinión
Máis de 600 persoas incorpóranse hoxe como fixos discontínuos ao operativo da Xunta para a loita contra o lume. Este colectivo profesional da Consellería do Medio Rural e do Mar súmase ao operativo todos os anos nestas datas previas á tempada de maior risco, que coincide co verán. O persoal propio da Xunta que integra o Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais (SPDCIF) sitúase nos 1.500 profesionais. A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, visitou en Castro de Rei unha das zonas nas que se están a desenvolver os labores de prevención que realizan.
1 comentario/s - Envía a túa opinión
Medio millón de metros cúbicos de madeira esnaquizados no chan é unha medida que serve para lembrar o efecto devastador do vendaval alcumado Klaus, o que nos fixo coñecer o que é unha cicloxénese explosiva, e que sacudíu Galicia hai hoxe un ano. Os montes da Comunidade Autónoma foron achanzados polo vento e aínda hoxe queda madeira por recoller. Foron precisos ata o momento 18 millóns de euros para reparar todo canto ficou estragado pero a Xunta afirma que a pegada de Klaus xa case foi borrada e todos os compromisos da Administracións cumpridos. “Non de todo”, responden os propietarios dos montes. Láianse dunhas subvencións para a recuperación da masa forestal que só se lle concedan a fincas maiores dunha hectárea. “Desaténdese a realidade minfundista do país”, segundo a presidenta da Federación de Produtores de Madeira de Galiza (Promagal), Teresa Rañal.
1 comentario/s - Envía a túa opinión
Compostela converteuse esta semana en centro das reivindicacións dos agricultores e gandeiros galegos. A organización xuvenil Adiante (Mocidade Revolucionaria Galega) está a desenvolver na capital galega as xornadas “A Mocidade Galega en Defensa do Agro”. Unha iniciativa cargada de actividades que converteron a aposta por un consumo local e sostible da Asociación de Labregos Lentura, da cooperativa de consumo Eirado ou dos Grupos de Responsabilidade Compartida do Sindicato Labrego Galego en protagonistas dun foro de debate;, e ao cabalo de pura raza galega no centro dunha palestra que promove a súa recuperación. As actividades prolongaranse ata o sábado e compaxinarán charlas, proxeccións, recitais, obradoiros, concertos e mesmo un Open de Billarda.