Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 15 de Agosto de 2018

Programas > Encontros co Patrimonio

Información do programa Novas do programa

Pórtico da Gloria. Catedral de Santiago de Compostela

O profeta Daniel está a sorrir

Sociedade 03/08/2018
  Envía a túa opinión

O profeta Daniel está a sorrir. Na Biblia preséntase, ademais, como avogado da xente nova, valedor da moza Susana e máis testemuña da liberación dos tres rapaces hebreos condenados polo rei de Babilonia. É quizais a figura máis coñecida do Pórtico da Gloria da catedral de Santiago.


A Muralla símbolo da relevancia de Lucus Augusti

A muralla, símbolo de Lucus Augusti

Cultura 25/10/2015
 3 comentario/s - Envía a túa opinión

Talvez o monumento máis fascinante de todo o noso país, e o símbolo universalmente recoñecido da egrexia cidade que foi Lucus Augusti e que hoxe é a capital de Lugo. Universalmente admirada porque dende o ano 2000 a UNESCO incluíuna na listaxe dos momumentos que por todo o planeta son considerados Patrimonio da Humanidade. Máis de dous quilómetros de circunferencia cinguen a contorna do casco histórico, un espazo cheo de abondosos vestixios da época romana, moitos deles xa musealizados. Pero non hai museo capaz de acoller un prodixio de enxeñaría como a Muralla. O cinto que envolve o carozo de Lugo coñéceo como poucos o historiador Adolfo de Abel Vilela, autor de publicacións fundamentais sobre o monumento, e que é o mellor guía que podemos imaxinar para coñecermos no presente unha historia de miles de anos. Con el paseamos pola única fortificación romana do seu tipo que conserva íntegro o seu percorrido.


Ferreiros de Riotorto na década de 1930

A férrea resistencia ao tempo das forxas de Riotorto

Cultura 07/11/2014
  Envía a túa opinión

En tempos foi industria, hoxe é artesanía, pero o que non mudou en Galicia, malia o paso dos séculos, foi que “ferro” e “Riotorto” medraron como sinónimos, converténdose o oficio de “ferreiro” case que no xentilicio desta localidade nororiental de Lugo. A relación do lugar co metal está datada dende ben antigo. Os primeiros restos históricos no territorio que ocupa o municipio corresponden á época castrexa e baixo a súa terra foron achados múltiples obxectos de ouro e bronce, destacando entre todos eles o torques de Riotorto, fabricado entre os séculos III e I antes de Cristo. Hoxe Riotorto e a súa contorna conforman o maior núcleo ferreiro do Norte da Península, pero non só polos vestixios e as lembranzas que aínda se conservan, senón tamén por aqueles que continúan o oficio. Para saber máis, Encontros co Patrimonio falou cun destes artesáns, o secretario da Asociación de Ferreiros, Ángel Villada.


Vista da imponente abadía, co maior claustro do Estado

A Abadía de Samos, unha hospedaxe para o camiñante e para o patrimonio

Cultura 24/10/2014
  Envía a túa opinión

Guiados polo sons das campás chegamos até moi preto de Sarria, seguindo o curso do río Oribio. E ao igual que nós, moito antes pasaron por este lugar xentes de toda procedencia, pobos que foron e que xa non son, persoas que tanto quixeron atopar refuxio como coñecemento. Estamos en Samos, onde xa no século VI, da man de San Martín de Dumio, decidiron construír o seu fogar os primeiros relixiosos que fundarían o Mosteiro de Samos. Encontros co Patrimonio visitou este monumento único da man do seu mellor coñecedor, o prior da Abadía, José Luís Vélez.

1 -2 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros