Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 28 de Marzo de 2017

Programas > Fene no camiño

Información do programa Novas do programa

Escudo do pazo da Ribeira do Belelle

O mariscal Andrés Piñeiro e o pazo da Ribeira do Belelle

Sociedade 20/09/2015
  Envía a túa opinión

O mariscal e coronel do Reximento de Artillería Andrés Benito Piñeiro y Osorio viviu na casa da Ribeira do Belelle en Sillobre. Nacera en Viladonelle en Neda en 1699. Participou nas guerras de Orán e de Italia.  O blasón contén as armas dos Piñeiro e doutros apelidos da familia. Nos últimos anos da súa vida, é destinado a Vigo, onde morre.


Muiño do Redondo en Magalofes

O muiño do Redondo en Magalofes

Sociedade 12/09/2015
  Envía a túa opinión

Cincuenta e tres muiños funcionaban de xeito simultáneo en Fene a mediados do século dezaoito. A concentración de xentes do traballo en Ferrol, favoreceu que na comarca florecera toda unha economía que tiña como base o abastecemento da cidade departamental. Explícase así a concentración de muiños e muiñeiros en Ferrolterra e en concreto nas canles fluviais de Fene, cunha orografía en suave pendente cara o mar. Os seus múltiples regatos permitiron o florecemento dos muiños.


Escola da sociedade Fillos de Limodre

As escolas de emigrantes

Sociedade 29/08/2015
  Envía a túa opinión

O seis de novembro de mil novecentos vintesete inaugurouse este edificio construido coa colaboración da xente de Limodre e coa aportación económica dos emigrantes en Cuba. Ao igual que as escolas Curros Enriquez de Maniños e Concepción Arenal de Fene, esta edificación foi decisiva na mellora do sistema educativo e no progreso cultural da sociedade fenesa. Poucos anos antes, o avogado Rodrigo Sanz elaborara un completo informe sobre o estado das escolas no Concello de Fene. A descrición dun ensino con moitas carencias sen dúbida serviu de acicate para este importante proxecto pedagóxico.


A fervenza do Belelle

O valor paisaxístico, ecolóxico e medioambiental da fervenza do Belelle

Sociedade 22/08/2015
  Envía a túa opinión

Cincuenta metros de caida de auga poden contemplarse na fervenza do río Belelle, no límite entre os concellos de Fene e Neda. A auga precipítase en torrentío nunha auténtica marabilla da natureza con gran valor paisaxístico, ecolóxico e medioambiental. Auga desatada a cachón que torna en escuma e finísimas burbullas cando bate contra o río na procura de acubillo, río que vai enchendo ese mar tamén noso, segundo salienta Ramón Muñiz no seu libro "Guía das Fervenzas da Coruña".

1 -2 -
Publicidade

Axenda

Enquisa

Os galegos e galegas debemos ter dereito a decidir?
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros