Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 21 de Xuño de 2018

Programas > Vilanova

Información do programa Novas do programa

Fene. 17 de xuño de 2018. Andaina de Por máis vida

Un modelo integral de oncoloxía

Sociedade 20/06/2018
  Envía a túa opinión

A medicina na actualidade defende un modelo integral de oncoloxía. “O sistema sanitario debe ter presente que trata con persoas, non con tumores” afirma o psicólogo José Barcia. A oncoloxía visible fala de bioloxía pero a invisible aborda a biografía, as peripecias persoais de cada persoa que padece o tumor. Promocionase a formación de grupos de traballo integrais onde a oncoloxía dialogue coa psicoloxía e co traballlo social para ter en conta os problemas económicos, sociais e de transporte das persoas con cancro.


Asociación Por máis vida na Carreira da Muller da Coruña

Máis exercicio físico e máis actividade

Deportes 30/05/2018
  Envía a túa opinión

O obxectivo dunha dieta debe centrarse no logro de máis saúde segundo o monitor deportivo José Barcia. Para iso hai que escapar das “operacións biquini” e prestar atención a menús saudabeis, máis exercicio físico e máis actividade.


Colexio Os Casais de Maniños

Para controlar a contorna

Sociedade 23/05/2018
  Envía a túa opinión

Canta máis educación teñamos, máis controlamos a contorna. É unha frase do prestixioso cardiólogo, Valentín Fuster quen cita sete elementos para controlar a saúde, dous físicos, dous químicos e tres hábitos. Das manifestacións do médico, falou hoxe en Radio Fene Jose Barcia.


Carreira da Muller da Coruña. 2017.

Exercicio físico e deixar o hábito de fumar

Sociedade 16/05/2018
  Envía a túa opinión

Non se identificaron aditivos do tabaco que sexan adictivos por si sós, pero algúns teñen influencia sobre a adicción á nicotina. Hai máis datos no que se refire a os azucres, que se engaden a moitos produtos do tabaco pero que tamén están presentes de forma natural nas follas de tabaco. Esa é unha das razóns da dificultade de abandonar o tabaco, segundo o psicólogo e monitor deportivo Jose Barcia.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros