Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 25 de Abril de 2017

Programas > Informativos de Radio Fene

Información do programa Novas do programa

Pasaron 82 anos desta imaxe

Un home suicidouse esta mañá en Fene

Sociedade 01/07/2016
  Envía a túa opinión

Abrimos o tempo das noticias en Radio Fene cun suicidio que se producía a primeira hora desta mañá en Perlío. Na ponte do tren que atravesa sobre a rúa do peirao. Temos poucos datos pero sí que se trata dun home que se aforcou colgandose da ponte. Un home que vivía en Fene hai moitos anos, aínda que calificado como "vagabundo" segundo testemuñas presenciais.  Non sabemos máis que iso, que se quitou a vida aforcándose esta mañá en Perlío.


As obras faránse na mesma marxe da igrexa de Perlío

Fene renovará a canalización xeral da auga nas Pías

Sociedade 30/06/2016
  Envía a túa opinión

O pleno da Deputación da Coruña aprobou onte a última fase do Plan de Acción Social (PAS), cun investimento de 16,5 millóns de euros que se destinarán ao financiamento de 184 obras en 43 concellos da provincia. Entre os puntos aprobados destaca a última fase do PAS, que foi o primeiro dos plans impulsados polo actual executivo provincial e vai destinado a colaborar cos municipios no financiamento de investimentos financieiramente sostibles que teñan, na súa maior parte, un carácter social relevante. Aí esta para Fene a primeira fase da renovación da canalización da auga e pavimentación na Avda das Pías, presupostada en 355. 140 euros.


parque da Hortiña- Limodre

Fene homologará seis parques infantís este verán

Sociedade 29/06/2016
  Envía a túa opinión

O concello de Fene licitará nos próximos días as obras na Pista de Magalofes e de catro parques infantís. Corresponden ao PAI complementario de 2015. Antón Noceda. CORTE NOCEDA PARQUES 29 06
No espacio As Foxas, o concelleiro de obras e servicios, pediu paciencia aos veciños da rúa que baixa ao cemiterio de Fene porque o amaño do socavón aparecido na zona ten que agardar ata o momento adecuado. Viaqua acometerá a execución dun pozo soterrado para recoller as augas que provocaron o afundimento da calzada.


Entrada no campo do Pote

Remata o prazo de ofertas ao campo de futbol de Maniños

Sociedade 28/06/2016
  Envía a túa opinión

O prazo de ofertas para o remozamento do campo de futbol do Maniños nun campo de herba artificial, remata o xoves día 30 de xuño, tras a ampliación do prazo en trece días a causa dun erro detectado na redacción do proxecto. Noceda apunta que mesmo se reuna a Mesa e se determine a empresa que levará a cabo as obras, estas empezarán de inmediato para interromper o menos posible a nova temporada de fútbol.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -
Publicidade

Axenda

Enquisa

Os galegos e galegas debemos ter dereito a decidir?

Últimas descargas MPEG audio

Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros