Envía a túa opinión
No Café Berlín de Madrid desvelaronse onte os finalistas da 5ª edición dos Premios da Música Independente. Na categoría de Mellor Álbum en Lingua Galega, resultou finalisa o traballo María Fumaça editado por Galaxia no 2012 e comandado por Uxía, quen estes días presenta o libro-CD 'Rosalía Pequeniña'. Os gañadores coñeceránse na cerimonia de entrega de premios, o 17 de xuño.
Envía a túa opinión
"Os cidadáns galegos non están dispostos a renunciar á súa lingua" advertiu este mediodia o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística Carlos Callón. Miles de persoas percorreron as rúas céntricas de Compostela na marcha convocada pola plataforma Queremos Galego arredor deste 17 de maio, Dia das Letras Galegas.
1 comentario/s - Envía a túa opinión
A Xunta de Galicia marxinou á práctica totalidade dos medios de comunicación en galego da publicidade institucional do 17 de maio, Dia das Letras Galegas. A Secretaría Xeral de Medios de Comunicación inseriu anuncios da "festa das nosas letras" en xornais, radios e sitios web que empregan o castelán os 365 dias do ano en porcentaxe superior ao 90%, pero desbotou colocalos nos medios que utilizan o idioma galego.
1 comentario/s - Envía a túa opinión
Trece medios de comunicación -- Radiofusión, Valminor.info, Novas da Galiza, Praza Pública, Galicia Confidencial, Sermos Galiza, Certo, Que Pasa na Costa, O compás da Costa, Tempos Novos, Terra chá.xa, Crónica 3 e a Nova Peneira-- presentaron a "Asociación de Medios en Galego", unha nova entidade que ten como obxectivo organizarse para manter e potenciar o galego, garantir a pervivencia da lingua nos medios, traballar pola dignificación do xornalismo e procurar vías de financiamento que garantan a súa sustentabilidade.