Envía a túa opinión
PINKCOW, a bebida inspirada na muller, copatrocina o XII Campionato galego de Coctelería organizado por Asociación Galega de Barmen (AGABA), o sábado 23 de marzo ás 16,30 horas. Co seu sabor novo e inédito, estará xunto aos 20 mellores barman galegos e descubrirá os seus segredos aos asistentes ao certame. Asistirá o prestixioso chef italogallego Flavio Morganti para ofrecer a nova bebida a todos os que se acheguen á caseta. Para Morganti, "é a bebida perfecta para combinar con calquera destilado, e está pensada para que o mundo da coctelería se reinvente.
Envía a túa opinión
Desde hai algúns días, Europa enteira escandalízase, con toda a razón, dunha grande fraude, con numerosas ramificacións. Coñécese que se permitiu ás industrias facer chegar aos consumidores 750 toneladas de carne de cabalo, sen a debida identificación e camufladas en carne picada ou hamburguesas.
Envía a túa opinión
Galicia conta cunha nova iniciativa no sector gastronómico. Trátase de BenBo, un medio de comunicación que nace co obxectivo de amosar ao mundo a súa gastronomía, os seus produtos e as súas xentes, e mostrar aos galegos o que se
coce nese mundo gastronómico. Así, o seu lema é BenBo Gastronomía Atlántica Feita IN Galicia. As principais accións de BenBo son, por unha parte, a revista BenBo, cuatrimestral, en edición impresa baixo demanda ou edición dixital, cunha
coidada estética e rigorosos contidos.
Envía a túa opinión
Máis de 60 establecementos aspiran a participar no Santiago é Tapas 2012, que nesta quinta edición se consolida coma un dos tres concursos máis importantes do Estado. Os días 8 e 9 de outubro o Centro de Formación e Cultura Gastronómica de Hostelería Compostela acolle as probas de preselección, por onde pasarán todos os aspirantes coas súas creacións.