Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 19 de Septembro de 2017

Programas > Rutas, eventos, escapadas

Información do programa Novas do programa

Diada 2017. Fotografía: vilaweb

Consenso e imposición

Sociedade 12/09/2017
  Envía a túa opinión

A sentenza do Tribunal Constitucional de 2010 sobre o Estatut catalán non só rompeu o pacto territorial en España, senón que foi unha mostra de ata onde están dispostos a chegar para que todo discorra por onde eles queren que discorra. Esa sentenza é inconstitucional, como aseguran tantos xuristas: un Tribunal anula o texto decidido polo Parlament de Catalunya, retocado (“cepillado” dixo Alfonso Guerra) afirmativamente polo Parlamento español e finalmente aprobado en referendo polo Pobo catalán. Que veñan Catedráticos en Dereito Constitucional e que nolo expliquen.


As cores no mercado dos lavradores no Funchal (Madeira)

O mercado do Funchal, un dos mais fermosos do mundo

Sociedade 22/01/2017
  Envía a túa opinión

Un mariño mercante con moitos anos de experiencia por todos os océanos díxome: "En Funchal, vai ao mercado, é un dos máis fermosos do mundo". Alá fun e o resultado non defraudou as miñas expectativas. O peixe espada preto, o bacallau e o bonito rezuman alí frescura. Na sección de froitas e hortalizas, a tropical gama de cores acompáñase dos tamaños máis exhuberantes.


Celia Fernández

Dende a democracia, pódese facer unha revolución, afirma Celia Fernández

Sociedade 25/11/2016
  Envía a túa opinión

“Europa hoxe tampouco ten un perfil político moi diferente do modelo xenófobo que representa en Estados Unidos Donald Trump” afirma a socióloga Celia Fernández. “De todos os xeitos, Hillary Clinton tamén estivo vencellada a asuntos turbios como a invasión e a destrución do estado en Libia”.


Celia Fernández

Celia Fernández: “Os papeis de Panamá evidencian unha doble moral”

Sociedade 19/04/2016
  Envía a túa opinión

“O caso dos papeis de Panamá reflexan unha doble moral, xa que mentras moitos dirixentes proclaman a necesidade dunha maior austeridade para sair da crise recortando os orzamentos en educación, sanidade e servizos sociais, eles planifican para defraudar a Facenda e políticos eminentes levan os seus cartos aos paraisos off shore” afirma a socióloga Celia Fernández. “Esa doble moral lévaos a insistir na necesidade dun estado forte para garantir a seguridade, o consumo e as viaxes, mentras renegan da intervención púbica para garantir mínimos vitais e dignos para as persoas”.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -
Publicidade

Axenda

Enquisa

Os galegos e galegas debemos ter dereito a decidir?
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros