Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 25 de Abril de 2017

Programas > Vilanova

Información do programa Novas do programa

Star Center Universitario Ferrol (Fotografia: Mero Barral/13fotos para Ferrol360)

Éxito inesperado do Star Center Universitario Ferrol

Sociedade 19/04/2017
  Envía a túa opinión

O Star Center Universitario Ferrol logrou un éxito inesperado. A pesar da derrota e da eliminación dos play off por parte do potente Perfumerias Avenida, o equipo de baloncesto feminino conseguiu resultados sen precedentes, para o psicólogo deportivo José Barcia. O conxunto botou o peche a unha temporada histórica tras caer no segundo partido das semifinais polo titulo de Liga cun tanteo de 39-61. Máis de 800 persoas abarrotaron o pavillón de Esteiro.


Camiñada de Por + vida. 12 de xuño de 2016.

Mellorar o rendimento do deportista

Deportes 12/04/2017
  Envía a túa opinión

O psicólogo deportivo busca a maneira de mellorar o rendimento tanto na élite como na base. Inténtase rendir ao máximo e tamén sacar ensinanzas da competición para a vida. Saber manexar o éxito e o fracaso e utilizar mecanismos para o establecemento de obxectivos son outras das funcións deste profisional. “Cando se di que Neymar vai ao psicólogo parece que sofre algún trastorno mental” afirma José Barcia.


A asociación Por + vida intenta elevar a autoestima

A importancia de perder o medo a preguntar

Sociedade 05/04/2017
  Envía a túa opinión

“É importante perder o medo a preguntar” afirma o psicólogo José Barcia. “Detrás veñen cuestións relacionadas coa autoestima e co medo a ser valorado por outras persoas. Todo o que non se di, queda sen dicir”, salienta o monitor deportivo.


Mulleres de Fene na Carreira da Muller da Coruña. 2016

A dieta e o índice de masa corporal

Deportes 30/03/2017
  Envía a túa opinión

O Índice de Masa Corporal (IMC) é a medida máis utilizada para definir se unha persoa ten sobrepeso ou obesidade. Con todo, os expertos neste campo consideran que nun curto período de tempo esta patoloxía deberá calcularse doutra maneira. A obesidade non é exceso de peso senón exceso de graxa e é aí onde medran as posibilidades de que unha persoa poida desenvolver diabetes, alteracións nos líquidos, escleroses ou cardiopatía isquémica.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -
Publicidade

Axenda

Enquisa

Os galegos e galegas debemos ter dereito a decidir?

Últimas descargas MPEG audio

Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros