Publicidade 100% galegas
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 19 de Xuño de 2013

Programas > Onda Rural

Información do programa Novas do programa

Os gandeiros entenden que existe competencia desleal por parte da distribución

Os sindicatos agrarios denuncian ás cadeas de supermercados ante os tribunais da competencia

Sociedade 15/05/2009
  Envía a túa opinión

Os sindicatos Unións Agrarias e Xóvenes Agricultores denunciarán ás empresas distribuidoras por abuso de posición dominante na venda de leite. Farano por partida tripla: ante os tribunais da competencia galego, estatal e europeo. Este asunto centrou o programa Onda Rural, que recolleu as explicacións dos representantes destas dúas organizacións agrarias.


O Ministerio de Medio Rural anuncia 70 millóns de euros adicionais para o sector lácteo

Sociedade 14/05/2009
  Envía a túa opinión

O Ministerio de Medio Rural destinará preto de 70 millóns de euros adicionais aos produtores de leite de vacún, a través dun programa de apoio ao sector. Este foi unha das principais medidas que o secretario de Estado de Medio Rural, Josep Puxeu, lle trasladou ao novo conselleiro do Medio Rural da Xunta, Samuel Juárez, nunha reunión que ambos mantiveron onte en Madrid. O programa Onda Rural informou sobre as conclusións deste cita e recolleu as últimas novidades relativas ao Expediente de Regulación de Emprego que Leche Pascual presentou para a súa fábrica de Outeiro de Rei.


En Verín-Biocoop traballan con vacas de razas autóctonas

A Cooperativa Verín- Biocoop, un exemplo da aposta polo ecolóxico e o autóctono

Sociedade 13/05/2009
 4 comentario/s - Envía a túa opinión

"Somos auténticos xardineiros da natureza e o noso labor incide moi positivamente nas arcas públicas e na saúde dos cidadáns". Defínense así dende a Cooperativa Verín- Biocoop especializada na produción ecolóxica e na recuperación de razas autóctonas en perigo de extinción. Este proxecto centrou a atención do programa Onda Rural.


Os representantes dos sindicatos agrarios reuníronse co presidente autonómico

A Xunta adianta 70 millóns dos fondos europeos para dar liquidez ao sector lácteo

Sociedade 12/05/2009
  Envía a túa opinión

A Xunta inxectará 70 millóns de euros procedentes da Política Agraria Común para paliar urxentemente a precaria situación do sector lácteo da comunidade. Esta medida foi o resultado da xuntanza mantida entre o sindicatos agrarios e a Administración. O programa Onda Rural informou sobre esa reunión e recolleu as voces protagonistas.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros