Publicidade 100% galegas
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 19 de Xuño de 2013

Programas > Onda Rural

Información do programa Novas do programa

A sentenza pode afectar a moitas mulleres do rural

Os tribunais recoñecen o dereito dunha gandeira a percibir a dedución fiscal por maternidade

Sociedade 22/04/2009
  Envía a túa opinión

Un paso máis cara á igualdade no rural. Isto é o que significa a sentencia do Tribunal Superior de Xustiza que vén de fallar a favor dunha gandeira que pedía a equiparación dos seus dereitos fiscais aos das traballadoras doutros ámbitos. A presidenta de Fademur, Rosa Arcos, explicou nos micrófonos de Radiofusión en que consiste exactamente esa decisión xudicial e que pode supor para o resto de mulleres do agro. Este asunto, xunto coas últimas declaracións da Ministra do Medio Rural arredor da crise do sector lácteo, centraron o programa Onda Rural.


O viño sae á rúa baixo a marca Raisin D’or

Unha empresa galega comercializa o primeiro viño sen alcohol do mercado español

Sociedade 21/04/2009
  Envía a túa opinión

Viño e alcohol xa non son termos que vaian necesariamente unidos. Unha empresa galega lanzará ao mercado o primeiro tinto 0,0 do mercado estatal. O programa Onda Rural deu a coñecer este proxecto a través das voz da súa impulsora, Sonia Pérez, e recolleu as primeiras palabras do novo conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez.


Centro do Viño da Ribeira Sacra

Abre o Centro do Viño da Ribeira Sacra co obxectivo de converter este caldo no máis importante de España

Sociedade 20/04/2009
  Envía a túa opinión

Logo de anos de proxectos e obras, e despois de varias semanas de portas abertas que funcionaron como toma de contacto, o Centro de Interpretación do Viño Ribeira Sacra vén de inaugurarse oficialmente. Situado no edificio da antiga Casa Consistorial e compartindo espazo coa sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe vitivinícola, o centro aspira a promocionar estes caldos e, ao mesmo tempo, todos os atractivos turísticos da comarca.


A Plataforma Galega Antritransxénicos informou da mobilización en rolda de prensa

Galicia súmase á protesta estatal antitransxénicos

Sociedade 17/04/2009
  Envía a túa opinión

A Plataforma Galega Antritransxénicos convoca á cidadanía a mobilizarse mañá sábado en Zaragoza en contra dos alimentos xeneticamente modificados. O acto reivindicativo está convocado por Plataforma Rural e Greenpace e pretende converterse nun berro colectivo para expresar ao goberno e as multinacionais o rexeitamento a estes organismos e a defensa dunha alimentación saudable. O programa Onda Rural informou sobre este asunto e recolleu tamén a resposta do Ministerio á protesta en defensa do sector lácteo que miles de gandeiros protagonizaron onte en Madrid.

 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros