Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 25 de Septembro de 2017

Programas > Vilanova

Información do programa Novas do programa

Dirixentes de CCOO en Ferroll

Envenenarse co xefe

Sociedade 10/08/2017
  Envía a túa opinión

Cambiar a perspectiva, buscar cousas positivas no entorno e se vemos que a situación nos supera, solicitar axuda a especialistas, son as recomendacións do psicólogo José Barcia diante das situacións de estrés laboral. “Se nos deixamos levar por interpretacións negativas dun compañeiro ou dun xefe sen contrastalo, iremos envenenandonos cos nosos pensamentos” salienta Barcia.


Praia de Almieiras. 1 de agosto do 2017

Curro en agosto

Sociedade 02/08/2017
  Envía a túa opinión

Curro en agosto. Estou a tope de vacacións. As dúas expresións aluden a situacións de tensión xeneradas habitualmente neste mes de agosto. Hai xente que pensa que cando eles non están o seu traballo non se fai ben. Hai empresas que piden aos seus traballadores que se manteñan en vacacións conectados ao correo electrónico, o que é incompatible cun auténtico descanso. A maioría asociamos vacacións con pracer. 


Dia do Deporte na rúa en Fene.

A motivación para o exercicio físico no vrán

Deportes 05/07/2017
  Envía a túa opinión

“Ser conscientes da motivación para realizar exercicio físico”segundo asegura José Barcia no programa Vilanova de Radio Fene. Temos que ser conscientes se o facemos o porque nos gusta, porque nos sentimos ben, porque non estamos conformes coa nosa imaxe ou porque nolo di o médico. Para establecer un hábito, é máis doado se o motivo é intrínseco, se parte de nós mesmos. Ademáis de impulso, motivación, necesitamos dirección, fixar uns obxectivos que sexan atractivos pero asumibeis.


Camiñada de Por + vida. 12 de xuño de 2016.

Adestramento mental para gozar do dia a dia

Sociedade 21/06/2017
  Envía a túa opinión

Escribir nunha libreta en dous minutos ao final do día, os pequenos detalles de carácter positivo, que nos aconteceran nesa xornada. Ese é o exercicio que nos propón José Barcia no programa Vilanova de Radio Fene. Trátase de iniciar o adestramento mental para gozar do noso día a dia, atreverse a cambiar, non rendirse, pelexar e incluso afrontar desde unha perspectiva positiva acontecementos como unha doenza grave ou a perda dun posto de traballo.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -
Publicidade

Axenda

Enquisa

Os galegos e galegas debemos ter dereito a decidir?
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros