Publicidade 100% galegas
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 19 de Xuño de 2013
NOVAS

Izquierdo coordina un estudo sobre migracións e memoria histórica

Antonio Izquierdo, catedrático de Socioloxía: “Hai mobilidade exterior? Si. Mais sen dúbida hai emigración”

Sociedade 18/06/2013
  Envía a túa opinión

Segundo a ministra de Traballo, Fátima Báñez, a emigración de cidadáns na procura de traballo é “mobilidade exterior”. Para o dirixente do PP, Esteban González Pons, non se pode considerar que marchar traballar a un país da Unión Europea sexa ir ao estranxeiro. “A diferenza entre mobilidade exterior e emigración é que a emigración dura máis dun ano e lévase a cabo por forza, normalmente coa familia e implica un certo arraigo no lugar, mentres que a mobilidade é de xente máis solitaria, por vontade, e ten un tempo de duración menor”, explicou en Radiofusión o catedrático de Socioloxía da Universidade da Coruña e experto en migracións, Antonio Izquierdo. Malia conceder que agora “as mobilidades son máis complexas e as migracións non son como antes”, afirmou que sen dúbida xa podemos falar dunha nova emigración de galegos e galegas: “Haberá xente cualificada que quede en Inglaterra, Alemaña ou os Países Baixos e que non saíron por vontade, senón por falla de expectativas laborais”. Izquierdo coordina unha investigación sobre os descendentes de emigrantes que se acolleron á Lei de Memoria Histórica.


Víctor Said Armesto coa súa avoa

O primeiro catedrático de Literatura galego-portuguesa, Said Armesto, será homenaxeado no seu cen cabodano

Cultura 18/06/2013
  Envía a túa opinión

O equipo de investigación da Universidade de Santiago de Compostela ‘Fondos documentais de Música nos arquivos civís de Galicia (1875-1936)’ coordina o programa de actividades que conmemorará o vindeiro ano o centenario da morte de Víctor Said Armesto (Pontevedra 1871- Madrid 1914), primeiro catedrático en España de Literatura galego-portuguesa. O grupo que dirixe o profesor Carlos Villanueva e do que tamén forman parte Javier Garbayo, Luís Costa e Montserrat Capelán leva tempo investigando nos grandes fondos da Fundación Barrié, o Museo de Pontevedra e a SGAE sobre a figura deste gran científico do romanceiro galego, ensaísta e crítico recoñecido. O programa de actividades adiantarase a finais deste ano coa edición da partitura do drama lírico La flor del agua de Said Armesto e Conrado do Campo, estreado con éxito no Teatro da Zarzuela de Madrid en xuño de 1914, partitura da que son editores Joám Trillo e Carlos Villanueva. A obra, considerada para moitos como renovadora para a escena da época e determinante para os estudos do teatro rexeneracionista en España, presentarase en versión concerto en Galicia e en Madrid no inicio da tempada 2014-15.


Oscar García protagoniza o Desafío Galicia

Empeza o Desafio Galicia

Deportes 17/06/2013
  Envía a túa opinión

O Desafío Galicia arrincou esta mañá. Trátase dunha iniciativa solidaria que levará ó surfista lugués Óscar García a percorrer a costa da Comunidade a remo, sobre unha táboa de paddle surf, co fin de recadar fondos para nenos autistas. Este proxecto conta coa colaboración económica da Deputación de Lugo.


Manifestación pasada por auga en Compostela

O BNG presenta mocións contra a reforma do aborto

Sociedade 17/06/2013
  Envía a túa opinión

O BNG sae á rúa na defensa do aborto libre e gratuíto.O portavoz nacional do BNG e membros da Executiva participaron o domingo na manifestación celebrada en Compostela contra a reforma da lei do aborto do PP, convocada pola Plataforma Galega Polo Dereito ao Aborto.


Mesa do congreso

Raul Gómez Farto, novo secretario xeral de FETE-UXT

Sociedade 17/06/2013
  Envía a túa opinión

Raúl Gómez Farto, novo secretario xeral de FETE-UGT Galicia co respaldo do 98% dos votos dos delegados e delegadas
Durante a fin de semana celebrouse no Hotel Congreso de Santiago de Compostela o XI Congreso Nacional da Federación galega de Traballadores do Ensino (FETE-UGT Galicia) baixo o lema, “A Educación garantía para a igualdade de oportunidades”. Os 60 delegados e delegadas que asisten a este congreso aprobaron a xestión realizada durante os últimos catro anos pola Comisión Executiva Nacional co 82% dos votos. Tamén aprobaron a xestión do Comité e da Comisión de Control por unanimidade.


Andaina solidaria na Praza do Concello de Fene

Por + vida axuda ás familias de nenos enfermos de cancro

Sociedade 17/06/2013
  Envía a túa opinión

Globos verdes e rosas, das cores do logo de Por + vida surcaron o ceo de Fene -A Coruña-  na maña do domingo para celebrar a solidaridade e a esperanza das persoas que padecen cancro. A Asociación celebrou a quinta andaina que reuniu a centos de persoas. Coa venda de camisetas, mochilas e outros articulos elaborados polas sociais da entidade, entregouse un cheque de 2000 € a Ruth Gómez, pedagoga que traballa coa xente miuda e que se amosaba moi emocionada despois de recoller a axuda.

Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros