¿Cómo lle gustaría ser recordado a Ramón Piñeiro?

¿Cómo lle gustaría ser recordado a Ramón Piñeiro?

16 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Monforte

El mesmo respondeu a esa pregunta nunha entrevista realizada en Radio Fene poucos anos antes da súa morte. ¿Como o nacionalista que participou no Partido Galeguista xunto con Castelao e Bóveda? ¿Como un dos que impulsou a Editorial Galaxia como fórmula de resistencia cultural ao franquismo? ¿Como o defensor dun galeguismo light que impregnara a todos os partidos políticos en Galicia?

Ramón Piñeiro pertenceu a aquela  xeración que vivíu a esperanza do Estatuto, que asistíu a unha guerra fraticida, que sofríu despois as consecuencias castradoras da dictadura: a morte de Bóveda, o exilio de Castelao e Celso Emilio; o cárcere e o castigo intelectual de Carvallo Calero ou del mesmo. Así poderíamos resumir as circunstancias de quen finalmente quedou para as xeracións posteriores como o filósofo da saudade, como un galeguista sen partido, como o fundador da editorial Galaxia  ou como o Académico.

 

A Real Academia Galega escolleuno no 2009 por ser unha referencia moral , indiscutible e necesaria para as novas xeracións. Pola sua adicación total e desinteresada á defensa de Galicia e da sua Cultura. Piñeiro non deixou una intensa obra publicada, pero as suas traduccións dos filósofos alemáns e  os escritos sobre a filosofía da 'saudade' foron un paso decisivo para a normalización da língua galega.O escritor naceu en Láncara en 1915 e faleceu en Compostela en 1990.Con 17 años, estudando o bachelerato en Lugo, ingresa nas xuventudes do  Partido Galeguista, época na que coñeceu a Otero Pedrayo . Foi no instituto de Lugo, en 1932,  nunha conferencia que deu Otero. O destino faría que moitos anos despois fosen veciños en Compostela.

 

En 1936, Ramón Piñeiro é elexido secretario do comité provincial para o plebiscito do Estatuto de Autonomía. Durante a campaña acude con Castelao  a un mitin en Chantada . O golpe estraga todo. Empeza a guerra e Piñeiro loita  no bando nacional. Concluida a contenda, inicia estudios de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago. Desde 1943 participa na reorganización clandestina do Partido Galleguista, ata que o deteñen  en 1946. Pasa tres anos no cárcere e despois, afincado en Compostela, defende a loita cultural frente á loita  política, en pleno enfrentamento entre os galeguistas do exilio, radicados sobre todo en Arxentina, antifranquistas e republicáns, e os galeguistas do interior. Interveu activamente na disolución do Partido Galeguista, daí a controversia que desperta a sua actuación. Convencido de que a única solución era a resistencia cultural, en 1950 é o principal valedor do grupo que funda a Editorial Galaxia, que en pleno franquismo publica libros en galego ou relacionados con Galicia. Piñeiro dirixe a editorial e traballa nela ata 1966. Nese ano trasládase aos Estados Unidos como profesor convidado pola Universidade de Middlebury . Un ano despois ingresa na Real Academia Galega. Co restablecemento da democracia  foi deputado pola Coruña no Parlamento Autonómico, como independente, dentro das listas do Partido Socialista de Galicia. En 1983 convírtese no primeiro presidente do Consello da Cultura Gallega, cargo que desempeñou ata o no momento da sua morte no 1990.

Cultura