¿Cómo se descubriu o queixo?

¿Cómo se descubriu o queixo?

26 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

O queixo é un alimento con máis de 4.000 anos de antiguidade. Producido artesanalmente durante séculos, a partir dos anos 80 a modernización da industria queixeira produce máis e mellores queixos. Hoxe é a principal actividade económica de Arzúa, concello do interior de Galicia, coñecido como a terra do queixo. O queixo con denominación de orixe protexida Arzúa-Ulloa é un produto versátil. Coci&n

O descubrimento do queixo atribúeselle a un descoñecido nómade que, viaxando polo deserto do Medio Oriente, encheu as súas bolsas de coiro, de leite, logo de varias horas de sol, descubriu que o leite se lle convertera nun masa esbrancuxada e sólida. A súa bolsa de coiro animal, a calor, e o movemento do camello foron os ingredientes básicos que se necesitan para facer o queixo.

As primeiras persoas que fabricaron o queixo viviron no medio Oriente hai mais de 4.000 anos os seus inicios, a importancia e o valor do queixo dependia do tempo que puidese manterse fresco. Os queixos agrúpanse dacordo coa súa dureza ou suavidade. Os seus catro tipos principais son; suave, semisuave, duro e moi duro. Os mais suaves conteñen mais humidade que os outros, pero os mais duros son os que se conservan mellor.

Hoxendia existen mais de 4.000 tipos de queixo no mundo.

Os ocos que teñen algúns queixos chámanse "ollos" e son burbullas causadas polos gases que liberan as bacterias que contén o queixo.  Aínda que o queixo desenvolva mofo ou pareza balorecido, pode comerse, só debes quitar ao queixo arredor de 1/2 cm da súa codia exterior. Os antigos romanos eran experimentados produtores de queixo. Alguns ata tiñan nas súas casas cuartos especiais dedicados á produción do queixo.

 

Sociedade