¿Non oes piar? de Álvaro Martínez Leiro en Chapela

¿Non oes piar? de Álvaro Martínez Leiro en Chapela

16 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

A mostra, que pasou xa polas instalacións da Casa da Torre, ten como protagonistas indiscutibles aos paxaros. O autor reúne nesta exposición máis de 40 imaxes tomadas na parroquia de Moscoso en Pazos de Borbén durante os últimos cinco anos. Un coidado traballo a través do cal o fotógrafo pretende facer unha chamada de atención en canto a necesidade de conservar a nosa contorna así como as especies que comparten espacio con nó

Por este motivo, ademais das imaxes Martínez Leiro, membro do movemento fotográfico Arte-K, acompaña as fotografías de pequenos textos nos que recolle distintas reflexións sobre o relato visual e se pregunta se o noso comportamento é o máis axeitado.

 

 

A exposición fotográfica de Álvaro M. Leiro pódese visitar no multiusos do Piñeiral do Crego de Chapela ata o 24 de abril, de luns a venres en horario de 16:30 á 21:00 h.

Cultura