Á espera

Afirma Galego que a disculpa para presentar a moción non ten peso ningún
31 de Xaneiro, 2020 - 11:56 h. | Publicada por Radio Fene

O alcalde de Fene Gumersindo Galego fala claro hoxe nas Foxas da moción de censura que lle presentan dentro dunha semana e da polémica suscitada pola última exposición de pintura na Casa da Cultura de Fene.

ESCOITA O PODCAST:

A Gumersindo Galego non lle colle de sorpresa que a oposición presente unha moción de censura porque é algo probable sempre que lles den os números, como é o caso. Iso sí, Galego non admite que a razón ou a disculpa sexa a “inactividade do goberno” porque afirma que fixeron moitas cousas e pon unha cifra sobre a mesa, o millón e medio de euros de investimento ou a débeda “0”. Galego pregúntase despois ¿canto durará o pacto entre o BNG-PSOE despois das experiencias vividas no pasado?

Os últimos dias en Fene non foron nada rutinarios. Por un lado está a presentación no rexistro municipal da moción de censura que irá a pleno o venres da semana que ven, o dia 7 de febreiro. E, hai dous dias, saltaba á opinión pública que unha exposición de pintura na Casa da Cultura podía ser un fraude. Galego explica en detalle como se produce este conflicto e como actúa o concello. Galego explica que a mostra de Ana Basoa levaba case un mes exposta sen problemas ata que dúas persoas denunciaron que alguns dos cadros expostos eran copias doutros artistas coñecidos, entre eles o que anunciaba a exposición. O concello, afirma Galego, procedeu como debía pero non vai presentar ningunha denuncia como tal institución. Con estes dous asuntos sobre a mesa conversamos no espazo As Foxas co alcalde de Fene. Probablemente sexa a última vez que Gumersindo Galego acuda en calidade de alcalde a este espazo de opinión.

Institucional

Publica o teu comentario agora