Á lúa con Ramona

Á lúa con Ramona
06 de Maio, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

“A Ramona pequena vai á Lúa” é o título do o novo LibroQR de 'Pakolas', editado por Galaxia na súa colección Sonarbore. Falamos co músico, actor e produtor, Paco Cerdeira sobre o seu terceiro traballo en solitario. Aquí podes escoitar a conversa.

ESCOITA O PODCAST:

A música fusiónase á perfección coas historias da labrega e inventora, Ramona. Ela é unha nena con moitas inquedanzas, cunha mente esperta e imaxinativa, tal e como nos lembra 'Pakolas' en Radiofusión. O público infantil está a gozar coas aventuras de Ramona que Paco Cerdeira está a levar por toda Galicia. A unidade didáctica que acompaña á obra está a resultar tamén moi útil para aprender nas escolas.

Na imaxe, Paco Cerdeira ‘Pakolas’

Fotografía: @pakolas_pacocerdeira

 

Cultura

Publica o teu comentario agora