Á rúa, entroidos

Á rúa, entroidos
08 de Febreiro, 2019 - 11:12 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene anuncia a apertura do prazo de inscrición das comparsas do Entroido. Este ano aumentase a contía económica destinada a promocionar unha festa de moita tradición na zona. O ano pasado desfilaron o mércores de cinza. As dúas comparsas de adultos de Fene recibiron daquela unha axuda de 500 euros cada unha.

Entroido de Fene. 2018

Fene acollerá o mércores 6 de marzo o seu tradicional desfile e festival de comparsas de Entroido e, para fomentar a participación, este ano a concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, avanza un incremento da partida reservada para axudas ás comparsas, dos 6.500 euros do 2018 aos 7.500 deste ano. O prazo para apuntarse está aberto e debe formalizarse no Rexistro Xeral do Concello con anterioridade ás 14 horas do martes 26 de febreiro.
Como é habitual, haberá tres categorías: comparsas de adultos –cun número superior ás 15 persoas e maiores de 16 anos-; comparsas infantís –cun número superior ás 15 persoas pero menores de 16 anos máis aquelas persoas adultas que participen como apoio á comparsa-, e comparsas de Fene –agrupación presentada por unha sociedade con domicilio social na cidade ou agrupación de máscaras cun número superior ás 15 persoas maiores de 16 anos na que o 50% dos seus integrantes sexan veciños de Fene-.
As axudas á participación distribuiranse do seguinte xeito: 2.000 euros a partes iguais, ata un máximo de 500 euros por comparsa, entre as comparsas de adultos de Fene –e no caso de non esgotar a cuantía, o remanente distribuirase a partes iguais entre todas as comparsas de adultos participantes-; 500 euros a partes iguais entre as comparsas infantís –no caso de que non se inscriba ningunha, a cuantía distribuirase a partes iguais entre todas as comparsas de adultos participantes-, e 5.000 euros distribuiranse a partes iguais entre todas as comparsas de adultos participantes, incluídas as de Fene.
Así mesmo, as comparsas anotadas deberán participar na concentración na rúa Cádavo –no cruce coa Rúa da Xunqueira- coa que arrancará a xornada ás 17,30 horas. Partirán deste punto co desfile para acadar a praza do Alcalde Ramón Souto González e a Avenida do Concello. Alí celebrarase o festival, no que participarán, como máximo, 8 comparsas seleccionadas previamente, que interpretarán unha soa canción en lingua galega.
As bases das axudas poden consultarse na web municipal www.fene.gal.

Cultura

Publica o teu comentario agora