Á rica tenreira cachena

Á rica tenreira cachena

12 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Hosteleiros da comarca do Eume inauguran mañán venres, na Escola de Hostelería de Pontedeume, as I Xornadas gastronómicas adicadas á “Tenreira cachena” unha especie autóctona en perigo de extinción e propia da baixa Limia. Do 13 ao 23 de marzo, en sete restaurantes. 

A tenreira cachena merece toda a atención dos restaurantes para poñela en valor. Nada mellor para iso que comela acompañada doutros productos nosos. O presidente da Asociación de empresarios TUREUME, Antonio  Díaz Calvo, explícanos como é a raza cachena. Un total de sete restaurantes da comarca do Eume, dende As Pontes ata Cabanas, participan nas primeiras xornadas da tenreira cachena, un producto de altísima calidade e do que se aproveita todo, como do porco. Cada un elaborará os pratos que os cociñeiros consideren oportunos con esa materia prima, segundo Jesús López, do restaurante 5J das Pontes. Xarrete, osobuco, carrilleiras, ao caldeiro, modalidades ao gusto atoparemos nos sete restaurantes que participan das I Xornadas da Tenreira Cachena no Eume. Son, Andarubel e A Pitanza (Pontedeume); A Palma e Casa Peizás (A Capela); Casa Garabana (Vilarmaior) e A Solana (Cabanas).Os hosteleiros do Eume retan á crise, despertando, dinamizando o sector. Segundo Carlos Regueiro, propietario do restaurante “A Pitanza” de Pontedeume, afirma que “non podemos quedar estancados” As xornadas empezan o 13 e rematan o 23 de marzo.  

Sociedade