Á venda as entradas para o concerto de Barón Rojo na Coruña

Á venda as entradas para o concerto de Barón Rojo na Coruña

03 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

A formación orixinal de Barón Rojo ofrecerá unha xira para conmemorar o 30 aniversario da criación do grupo. Alá polo lonxano 1980 naceu unha formación que deixou grande pegada na música heavy do século XX. Carlos e Armando de Castro, José Luís Campuzano Sherpa, e Hermes Calabria, teñen xa confirmadas actuacións en Madrid o 30 de xaneiro e na Coruña o 6 de marzo do 2010.

Para o concerto do Coliseum da Coruña, xa se puxeron á venda as entradas a traves da taquilla virtual de Caixa Nova e no quiosco da Praza de Ourense na cidade herculina. Véndense tamén as entradas nos seguintes locais: TNT en Santiago, Horse na Pobra, Aloha en Ribeira, Leño en Malpica, El Diablo en Lugo, A Baiuka en Cariño, Seixo en Louro, Sikaru en Ferrol, Badulake en Ordes, Palique nas Pontes, D´Antón na Laracha, Xoldra en Guitiriz, As Travesas no Mesón do Bento, Paz & Records e Area Crítica na Coruña e La Frontera en Betanzos.

Cultura