Ábrese o Belén da Orden Terceira

Ábrese o Belén da Orden Terceira

04 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un torreón do castelo de Heródes, no que se está este personaxe sentado a unha mesa comendo e brindando, é unha das novidades que este ano nos trae o Belén da Orden Terceira de Ferrol. A obra do ferrolán Alfredo Martín abrirá mañá día 5, as súas portas na igrexa de San Francisco. O Belén que leva máis de 60 anos funcionando permanecerá aberto ata o vindeiro día 6 de xaneiro.

Inda que xa nos pasados días recibiu a visita de centros escolares, non será ata mañá cando o público poida disfrutar deste nacemento vivinte que é dos máis grandes que se montan en Galicia. O horario de visitas é de 5 a 9 da tarde os días laborables e domingos e festivos tamén pola mañá en horario de 12 a 2. As entradas custan un euro e cincuenta céntimos para os nenos e dous euros para os adultos.

O artífice deste nacemento, Alfredo Martín, é quen se ocupa dende hai máis de medio século da elaboración de tódala estructura e das figuras que estan feitas de xeito totalmente artesanal. Escaiola para os edificios e madeira para os personaxes son os elementos básicos cos que este artesán consegue dar vida a esta montaxe. A súa dona é quen se encarga da elaboración das vestimentas das figuras.

Os creadores invirten catro meses na preparación deste Belén, un inxente traballo pero que logo vése compensado pola resposta do público que cada ano aumenta as visitas.

Sociedade