Ábrese o prazo de inscrición nas VII Xornadas Ciencia e Territorio que acollerá Melide en setembro

Ábrese o prazo de inscrición nas VII Xornadas Ciencia e Territorio que acollerá Melide en setembro

30 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

O ensino non pode ser concibido sen que intente achegar o medio social, natural, económico e cultural á escola. É por iso polo que a partir do ano 2003, Nova Escola Galega e os Departamentos de Ciencias Naturais e Ciencias Sociais do IES Melide propuxeron, nunha convocatoria anual, unhas xornadas de estudo, inicialmente centradas na comarca da Terra de Melide, pero que a partir deste ano se am

Despois de seren exploradas as posibilidades didácticas da Xeoloxía, da Xeomorfoloxía, da Botánica, da Arqueoloxía, e da Auga (I e II), as VII Xornadas Ciencia e Territorio pretenden afondar en aspectos moi concretos da Xeomorfoloxía, como é a pegada do glaciarismo e periglaciarismo en Galicia. Aínda que gran parte dos feitos aconteceron en tempos xeolóxicos pasados, non debemos obviar o impacto do cambio climático, do que tanto se fala actualmente, sobre os procesos glaciares e periglaciares.

 

 

Sociedade