Ábrese o telón!

Ábrese o telón!
28 de Marzo, 2020 - 11:17 h. | Publicada por Radio Fene

Máis de medio cento de actores e actrices pasaron polos grupos de teatro do Círculo de Perlío e Tagallo nos anos setenta e oitenta do século pasado. Realizaron a partir de aí unha carreira profesional de alto nivel contribuíndo ao establecemento dun sistema teatral galego e tamén ao cambio político, social e cultural. A maioría traballaban en Astano.

Integrantes de Tagallo e do Teatro Círculo de Perlío

Francisco Oti lembra como Quico Cadaval entrou no mundo da escena a través do pequeno Obradoiro de Teatro de Ferrol dirixido por Xosé Lorenzo. Buscábase daquela a persoas que formaran porque a xente da farándula era autodidacta.

Suso Diaz era o presidente da sección cultural do Círculo de Perlío.  Militante de Comisións Obreiras e do Partido Comunista. Decidiu  impulsar a creación dun grupo de teatro. Falou con Celestino Ledo para dirixir a primeira montaxe. Escolléronse dúas pezas de Balanceo Amor “O cantar dos cantares e “A tía Lambida”. Estreáronse en Perlío o seis de xuño de 1975, segundo se recolle no.libro de Francisco Oti "O novo teatro galego en Perlío. O Teatro Círculo e Tagallo".

Cultura

Publica o teu comentario agora