África en A Capela

África en A Capela

21 de Marzo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Xogar é obrigatorio na infancia e unha forma de aprendizaxe imprescindible” afirma o profesor do Colexio Mosteiro de Caaveiro da Capela, Xavier López. É o promotor dunha exposición de xoguetes africanos que se amosa no centro educativo.

A colección de enredos recolle case 200 pezas únicas recopiladas en 26 paises do continente. Barcazas, marionetas, tanques militares de folla de lata, tirapedras de caucho ou unha pistola recortada dun cartón de leite. O dono dos xoguetes é Javier Lago, un viaxeiro empedernido, natural de Salvaterra do Miño. Hai duas décadas fundou a axencia de viaxes, Cultura Africana. En cada viaxe, dende 1989, él ou os seus clientes, traían na maleta, un xoguete – lembranza de lugares tan dispares como Arxelia, Etiopia ou Tanzania. Agora as pezas ensínanse no Colexio público Monte de Caaveiro, na Capela.

Sociedade